xoves, 30 de abril de 2020



Martín Sáez (2º BACHARELATO F)
recomenda a lectura de

O lapis do carpinteiro, de Manuel Rivas



O lapis do carpinteiro” é una obra do ano 1998 escrita polo autor coruñés Manuel Rivas. Esta novela é moitas cousas pero principalmente é una historia de amor ocorrida nos tempos da guerra civil española e da posguerra, entre Marisa Mallo, e o doutor Daniel Da Barca, preso polas súas ideas políticas, algo moi común meses anos. A historia é narrada polo garda Herbal, quen xogará un papel fundamental no destino da parella, xa que facendo uso da súa posición axuda ao doutor Da Barca en distintas ocasións, porque secretamente está namorado de Marisa. A pesar diso acaba comprendendo que a parella está realmente namorada e segue o seu propio camiño. A obra reflicte e fai reflexionar a través do argumento sobre moitos dos conflictos sociais e políticos que tiveron lugar na época a consecuencia da ditadura franquista, especialmente a situación dos cárceres e dos presos, que descubrimos a raíz da estancia en prisión do doutor Da Barca.
De modo que si, recomendo esta fermosa obra a calquer persoa que quera lela, e tamén recomendaría agardar ata o final e non xulgar a obra preconcebidamente como fixen eu para poder disfrutar plenamente desta historia sobre o amor.


                                                                 ----------------


Tamén resulta moi interesante a película feita seguindo con moita fidelidade o libro:






Paula Silvarrey (2º BACH. D) e Daniel Ares (2º BACH. F)


Memorias dun neno labrego



 O día a día dun neno de aldea chamado Balbino é moi diferente ao dun neno da súa idade na cidade. Xosé Neira Vilas relata en Memorias dun neno labrego, obra referente da nosa literatura, a vida no rural dun rapaz con ansias de aprender, de medrar e de coñecer o mundo. A novela, obriga ao lector ou lectora a pescudar nela distintas e valiosas ensinanzas, das cales Balbino saca proveito a través das distintas experiencias que lle tén tocado vivir. A través da escritura, o neno logra entender o significado dos seus sentimentos, e atopa así unha vía de escape destinada ás súas emocións. Balbino constitúe un personaxe memorable, cargado de significado, e constituído de forma idónea para que poda ser asimilado polas diferentes xeracións sen ningún tipo de problema.

....


En definitiva, na miña opinión, este libro é moi recomendable para todos os galegos e galegas, debido a que permite coñecer as condicións de vida e as inxustizas que sufrían os pobres labregos dos ricos señores castelanizados para poder codearse coas altas capas da sociedade, xa que como sempre na nosa terra, o castelán era a lingua de prestixio entre a xente de poder. Coa lectura deste libro tamén podemos entender a necesidade dos fillos destos labregos de emigrar para América e buscar unha vida mellor que na súa aldea de orixe. Por todo o anterior dito, eu invito a todos os galegos e galegas á lectura deste libro para poder coñecer a historia olvidada dos nosos antepasados que tantas penurias pasaron durante varias xeracións que obligaron a moitos deles a emigrar cara América para intentar fuxir desta vida de sufrimento e pobreza.
Paula Sivarrey (2º BACH.D)







Chegamos á conclusión de que estamos a presenciar un relato atemporal, o relato máis veces lido da literatura galega. Cando  unha novela conecta nesta medida co público, é necesario compartilo. Non hai outra novela comparable a Memorias dun neno labrego, e a razón é clara. A novela e o seu protagonista fannos saber que somos importantes, fannos saber o poder que temos sobre as nosas accións e finalmente, déixannos saber que non somos, “como quen di, un  ninguén”.


Daniel Ares (2º BACH. F)













martes, 28 de abril de 2020

xoves, 23 de abril de 2020

FELIZ DÍA MUNDIAL DO LIBRO 2020





Hoxe é a profesora  do Departamento de Lingua galega e literatura Dulce Fernández Graña, membro do EDLG tamén, a que nos fai unha-s suxerente-s recomendación-s de lectura:



 Grazas por compartilo con tod@s nós.

mércores, 22 de abril de 2020




Ana Mª Orosa Bermúdez (2º Bach. D)
recomenda:

Memorias dun neno labrego é un libro moi recomendable para adolescentes e pre-adolescentes que comezan a mergullarse na lectura por dous motivos. 
Por un lado, trátase dun libro moi sinxelo e fácil de comprender, sen recursos lingüísticoscomplexos e dunha extensión curta (148 páxinas). 
Por outro lado, esta novela tratatemas históricos como a emigración dos galegos a América Latina en busca dunha vida mellor ou as difíciles situacións que vivía o campesiñado galego no século XX. 

Pero non é só recomendable para os xoves, senón tamén para os maiores. 

Todos deberíamosaprender da nosa historia, e non hai mellor forma para facelo que lendo.





Tamén o recomenda,
 Xoán Gómez, de 2º Bacharelato D


Persoalmente recomendovós esta lectura porque a parte de amosar á perfección o pasado da nosa Terra e as inxustizas que houbo, a novela ten unha linguaxe e estructura sinxela, que fai moi amena a lectura, ainda que a historia sexa dura e desgarradora. Tamén chamame moito a atención o tema principal da novela, que para mín é a conciencia que ten Balbino de que por ser pobre, vai ter que selo toda a vida, o que fai que chegado a un punto, se rebela frente ao fillo dos caciques do seu pobo. En conclusión, é unha obra orixinal, dura e emotiva.


luns, 20 de abril de 2020




IN MEMORIAM

LUZ POZO GARZA

(1922-2020)



Códice Calixtino (1986)










FINOU LUZ POZO GARZA

Luz Pozo Garza, nada en Ribadeo o 21 de xullo de 1922 e finou hoxe 20 de abril de 2020.





Importante  poeta galega, foi membro da Real Academia Galega dende o 29 de novembro de 1996.


Luz Pozo Garza é, segundo Rosario Álvarez Blanco "unha voz ilustre na nosa poesía desde a publicación do seu primeiro poemario en galego, O paxaro na boca (1952), que inaugurou a colección Xistral.  Na súa obra posterior Luz Pozo achega unha poesía inzada de sensualidade e profunda, na cal o amor, a inquedanza existencial, a patria, a liberdade e mesmo a morte se entrecruzan compondo textos de sublime autenticidade e madurez.

Foi premiada coa Medalla Castelao, premio da Crítica de poesía galega e Premio Laxeiro.
Nomeada Filla Predilecta do seu Ribadeo natal en xaneiro de 2020.

domingo, 19 de abril de 2020



A ARTESA DO EUSEBIO


Unha artesa, tamén denominada maseira, é un recipiente grande de madeira, xeralmente con catro patas e tampa, máis estreito no fondo que por arriba, no que se amasa o pan.


Empregábase para mesturar a fariña, a agua, o sal e o lévedo, para facer a masa que posteriormente se metería no forno para facer pan. O elemento principal no amasado do pan é o lévedo. Obtíñase a partir da masa anterior. Gardábase un pedazo de masa nunha ola e poñíase a carón do lume, daquela esta fermentaba ou facíase. Ó arrefriar gardábase na artesa. Cando chegaba o día de amasar, tarefa fatigosa, ao mediodía ou pola noitiña, a muller quitaba da ola o lévedo, limpa de codia e balor, depositábaa na artesa engadindo auga e fariña, logo amasábase para finalmente ir ó forno.


........................

As masas, que tiñan que levedar, tapábanse cun pano e quedaban na mesma artesa ata o momento de entrar no forno


Despois,  na artesa gardábase o pan e aqueloutros produtos elaborados con fariña, para mantelos frescos e ventilados, e ao resgardo.




Senlleiras, de Antía Yáñez






A novela das mulleres que rompen co silencio.
Unha influencer sube unha foto as redes sociais onde aparece unha man pantasm.Xusto unha semana máis tarde,a xove é atopada morta.A partir dese fío técense as vidas de dúas mulleres de diferentes séculos. Mulleres que tiveron que vivir as súas vidas supeditadas ás dos seus maridos,baixo as estrictas normas non escritas que as sinalaban como inferiores.Mulleres que cando intentaron recuperar o unico que lles pertencía  por dereito,a súa vida,viron como até esta lles podía ser arrebatada.Tempos que parecen totalmente diferentes, pero que non o son tanto.

Senlleiras é unha boa novela, especialmente  para comprender os sentimentos de moitas mulleres maltratadas que a pesares de estar nesa situación tan dramática,non denuncian ao seu agresor,por iso creo que é un libro moi recomendable sobre todo para as aulas porque a base do respeto é a educación.
Sheila Souto 2ºF Bacharelato 



Preséntanos dúas historias, ambas magníficas. Unha delas acontece na actualidade e a outra acontece no século pasado. Unha influencer sobe unha foto ás redes sociais onde aparece unha man fantasma. Xusto unha semana máis tarde, a moza é atopada morta. A partir deste fío técense as vidas de varias mulleres de diferentes séculos. Mulleres que tiveron que vivir as súas vidas supeditadas ás dos seus homes, baixo as estritas normas non escritas (ou si) que as sinalaban como inferiores. Mulleres que, cando intentaron recuperar o único que lles pertencía por dereito, a súa vida, viron como ata esta lles podía ser arrebatada.Tempos que semellan totalmente diferentes, pero que non o son tanto. Mulleres senlleiras que merecen ser lembradas. 
...
Eu recomendo ler este libro xa que nos fai ter conciencia sobre o mundo no que habitamos e nos fai pensar en como podemos cambiar e en todo o que temos que loitar as mulleres para que cada día se escoiten menos noticias, máis ven ningunha, de maltrato ou violencia a unha muller. 

Paula Dios, 2º Bach. F


venres, 17 de abril de 2020



DÍA DAS ARTES GALEGAS 2020


Domingo Antonio de Andrade

(Cee, A Coruña, 1639-Santiago de Compostela, 1712)

 
Hijo de labradores acomodados y de origen hidalgo, su padre ejerció como juez en las jurisdicciones de Vimianzo, Mens y Cee. Domingo de Andrade, en 1654 comenzó sus estudios en la Universidad Compostelana en 1654 aunque los abandonó tras una enfermedad. En 1668 se casó con Isabel Areas Canosa con quien tuvo 10 hijos, 5 de los cuales fallecieron antes de llegar a la adultez siendo los otros, dos franciscanos en Santiago y tres agustinas en Lugo y Betanzos. En 1699 Domingo de Andrade se ordenó como presbítero al quedar viudo.
Comenzó a trabajar en la capital compostelana en 1662 y lo hizo como entallador de oficio, preocupado principalmente por la estructura compositiva de retablos en madera. Algunas de sus obras son: el tabernáculo de la Catedral de Santiago, estructura que repetirá en el baldaquino de la Capilla del Santo Cristo de la Catedral de Ourense y el baldaquino del Altar Mayor de la iglesia del monasterio de Oseira.
En 1676 es nombrado Maestre Mayor de obras de la Catedral Compostelana, comenzando con su primera obra: la Torre del Reloj (1680) caracterizada por su monumentalidad y solidez en armonía con el conjunto catedralicio. En 1696 el cabildo santiagués le encarga la nueva Sacristía (hoy Capilla de Nuestra Señora del Pilar) de la que hizo las trazas e fue sustituido por Casas Nóvoa en 1711. 

Andrade, Domingo de - Xacopedia

En 1700 realizó el Pórtico Real de la Quintana, horizontalidad en contraste con la esbeltez de la Torre del Reloj. Asimismo trabajó en el convento de Santo Domingo de Bonaval en tres partes principales: la fachada de la portería, los cuartos y el claustro donde aparecen sus características sartas de frutas y el virtuosismo de la afamada escalera de caracol. Resultan destacables, como muestra de arquitectura urbana, la Casa de la Parra (1683) y la Casa de la Conga (1709) que é comenzó, aunque que finalmente la realización se le atribuye a Casas Nóvoa. Además, fuera de Compostela realizó, entre otras, la sala capitular y la sacristía de la Catedral de Lugo, interiores también con su característico encalado en blanco.
Personalidad poseedora de una gran cultura debido a su relación, desde 1658, con el canónigo fabriquero don José de Vega y Verdugo. Su obra “Excelencias, antigüedad y nobleza de la Arquitectura” (Santiago, 1695) viene a demostrar su erudición y expresa  su teoría arquitectónica.Plaza de la Quintana en Santiago de Compostela






Amor dos quince anos, Marilyn,

de A. Fernández Paz

recomendada por Rebeca Mourelle (2º Bach. D)


amor dos quince anos, marilyn-agustin fernandez paz-9788483026083



Nesta novela a imaxinación e a creatividade están presentes dende principio á fin. Mestura dun xeito magnífico unha realidade como é a propaganda con algo tan fantástcio como personaxes ficticios de novelas recoñecidas ao longo da historia, como é o caso de Drácula. Ao mesmo tempo, rende homenaxe a personaxes da cinematografía como Woody Allen ou Marilyn Monroe.
...
Recomendaría este libro de Agustín Fernández Paz porque realmente é unha boa obra, para idades comprendidas entre os 13 e os 16 anos aínda que si eres un apaixoado do fantástico, é unha novela adecuada calquera idade. Ademais, se che gusta ler pero careces de tempo, é unha obra curta que permite a súa lectura incluso para as persoas que teñen un horario ríxido.


xoves, 16 de abril de 2020

Que me queres, amor?, por Pablo Bestilleiro




Que me queres, amor?, de Manuel Rivas

 por Pablo Bestilleiro ( 2º Bach. F)

qué Me Queres, Amor? - Librería Aguirre




En conclusión, se alguén está a buscar algún libro para ler Que me queres amor? é o libro axeitado. Non só pola introdución que realiza na narrativa do neocostumismo urbano ou suburbano, senón tamén pola alta calidade lingüística e a habilidade do autor de captar a atención do lector durante todo o relato. Todo isto, unido a que é unha obra galardoada, e que a súa extensión non excede das 179 páxinas, convértena nunha obra perfecta coa que poder entreterse nestes tempos de corentena. 





MIL PRIMAVERAS MÁIS


eu recoméndoche ler..



Os libros son ventás abertas a outros mundos, outras épocas e outras historias.

Poucas veces foi tan necesario abrir ventás e deixar entrar o mundo exterior.

Neste tempo de pausa obrigada polo confinamento, unha boa recomendación de lectura é un agasallo que se pode facer a outros.

Calquera membro da nosa comunidade educativa poder ofrecer o seu agasallo a través destoutra ventá, enviándoos a aartesadoeusebio@gmail.com




mércores, 15 de abril de 2020




A celebración do Día das Letras trasládase ao 31 de outubro


A Real Academia Galega decidiu pospoñer o pleno desa data, o acto central das homenaxes a Carvalho Calero, pola incerteza provocada polo coronavirus

Convocada la segunda edición del Certame de Caricatura “Cidade de ...

O Día das Letras Galegas, que tradicionalmente se celebra cada 17 de maio, será este ano o 31 de outubro. Así o vén de comunicar este mércores a Real Academia, que decidiu pospoñer o pleno que tiña previsto celebrar no teatro Joffre de Ferrol como acto central das homenaxes a Ricardo Carvalho Calero debido á incerteza provocada pola pandemia do coronavirus. A nova data, 31 de outubro, coincide cos 110 anos do nacemento do intelectual e escritor ferrolán.

mércores, 1 de abril de 2020


1 DE ABRIL "DÍA DAS ARTES GALEGAS"




O ARQUITECTO DOMINGO DE ANDRADE HOMENAXEADO POLA REAL ACADEMIA GALEGA DE BELAS ARTES NO “DÍA DAS ARTES GALEGAS” 2020. 01/04/2020

O DÍA DAS ARTES GALEGAS
A Real Academia Galega de Belas Artes  en sesión de 15 de xaneiro de 2015 determinou declarar a xornada de cada 1 de abril como “Día das Artes Galegas”. Elección en lembranza desa mesma data do ano 1188  e da que se deixa constancia en epígrafe baixo os linteis do Pórtico da Gloria, como día no que se colocaron;  mesmo tamén por canto significa o Pórtico da Gloria e o seu autor, o Mestre Mateo na arquitectura, na escultura, na pintura e mesmo na Música.
Até agora os primeiros homenaxeados foron:

  • 2015 Mestre Mateo
  • 2016 Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
  • 2017 Maruja Mallo
  • 2018 Alejandro de la Sota
  • 2019 Luís Seoane
  • 2020. DEDICADO AO ARQUITECTO BARROCO DOMINGO DE ANDRADE
    En sesión ordinaria celebrada o 29 de xuño de 2019 o plenario decidiu elixir a candidatura do arquitecto  barroco Domingo de Andrade para a celebración do Día das Artes Galegas 2020.

CARTEL DÍA DAS ARTES GALEGAS 2020
A Real Academia Galega de Belas Artes presenta o cartel para a celebración do “Día das Artes Galegas” en homenaxe a Domingo de Andrade. Deseño realizado polo académico de número da Sección de Artes da Imaxe, don Xosé Díaz
 


El arquitecto barroco Domingo de Andrade, homenajeado en el Día ...

Arias de Castro a partir do retrato de Domingo de  que se atopa na facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela, obra do pintor e académico Felipe Criado (1928-2013), quen fora membro numerario da Sección de Pintura e Gravado desta Institución e profesor de Debuxo no Eusebio da Guarda ao longo de moitos anos.