venres, 24 de xuño de 2022


                             SAN XOÁN



Cando o mes de xuño chega case ao fin, unha grandísima festa tradicional e popular con el: a
celebración do San Xoán.

Cacharelas, sardiñas, ...e outros ritos que a acompañan.

Este curso no Eusebio traballamos sobre os diferentes ritos e centrámonos nas Herbas de San Xoán,
sete, diferentes nos distintos lugares de Galicia, máxicas todas elas baixo a luz do luar, imprescindibles
para a renovación de corpo e alma e para alonxar os espíritus desfavorables.
Dous grupos de 1° de ESO traballaron para informarse e informar aos outros das tradicións que non se
deben perder. E colaboraron tamén elaborando uns pequenos camiños de herbas purificadoras para
ofrecer a profesorado, persoal non docente e compañeiros e compañeiras.

O EDLG preparou unhas folliñas informativas da celebración e dos ritos, a prol de espallar o
coñecemento dos mesmos.







O Equipo de Dinamización da Lingua Galega organizou unha actividade para a fin deste curso 2021-2022 en relación coa tradicional festa do San Xoán, tan arraigada na nosa cidade.



A actividade constou dunha exposición de traballos do alumnado de 1º ESO A e E  encol dos diferentes ritos  que se levan a cabo na noite de San Xoán. Complementaron a exposición  "As ste herbas de San Xoán", preparada pola coordinadora do Equipo, nas cortizas dos corredores do edificio histórico, para información, defrute e ambientación para toda a comunidade educativa do centro.



Ademais, o derradeiro día lectivo do curso, o alumnado destes grupos  elaborou uns ramos de Sete Herbas para ofrecer ao persoal do centro, dirección, orientación, conserxería, persoal de limpeza, profesorado,...










Repartiron, asimesmo, polas aulas os folletos coa información sobre a máxica noite, elaborados polo Equipo como parte da actividade.



Sorte e feliz noite de San Xoán  a toda a comunidade educativa do Eusebio da Guarda.


Feliz San Xoán a todos e todas.

Feliz fin de curso e feliz verán.






Feliz verán a todos e todas e o maior agradecemento  pola colaboración co departamento Equipo de Dinamización da Lingua Galega neste curso que finaliza e nos anteriores baixo esta Coordinadora.

Coordinadora do EDLG: M. Carme Edreira.


Ningún comentario:

Publicar un comentario