PREMIADAS DÚAS APPS
A EXCELENTE VALORACIÓN DA ACTIVIDADE VÉN CORROBORADA DA MELLOR MANEIRA POSIBLE CON ESTE GALARDÓN PARA O PROFESOR E DOUS DOS GRUPOS.
PARABÉNS A TODOS !!!!
"Falade Meniñ@s, falade galego." Eduardo Pondal
A EXCELENTE VALORACIÓN DA ACTIVIDADE VÉN CORROBORADA DA MELLOR MANEIRA POSIBLE CON ESTE GALARDÓN PARA O PROFESOR E DOUS DOS GRUPOS.
PARABÉNS A TODOS !!!!
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
2022:
FLORENCIO DELGADO
GURRIARÁN
CERTAME HAIKUS
Foi convocado polo EDLG , coa colaboración do Departamento
de Lingua galega e literatura, un certame-exposición de Haikus, en torno á poesía de Florencio Delgado Gurriarán, persoeiro
ao que se adica o Día das Letras Galegas deste 2022.
-
Haiku de ouro: " Rabaño mudo" de Manuel Carrasco, Elba Cardesín, Jorge Estévez
e Ryu Tenreiro -4• ESO C.
-
Haiku de bronce: " Nos pastos verdes", de
Martín Crespo, Aarón Deus e Iris Fernández -Chao- 4• ESO A.
-
Accésit 1:"Polas espidas", de Carla López
Riveiros- 4• ESO E.
-
Accésit 2: "Verde ou de cor", de Sofía
Pozurama e Inés Romero- 1• ESO A.
-
Accésit 3:"Agulla veloz", de Aroa González e
Xiana Varela- 1• ESO E.
Os gañadores dos Haikus de ouro,
prata e bronce recibiron o correspondente diploma, obono-regalo e libros.
Aqueloutros merecedores dos
accésits recibiron os diplomas acreditativos, libros e USB.
O profesorado que formou o xurado quixo destacar o traballo desenvolvido polo alumnado. Ademais, o EDLG quere agradecer a participación e a implicación de alumnos e alumnas, e a dirección e supervisión das profesoras do Departamento de Lingua galega e literatura Estefanía Álvarez e Dulce Fernández, xunto con Carme Edreira, coordinadora do EDLG.
O EDLG agradece a colaboración dos profesores Beni Vidal e Manuel Blanco, como xurados.
FALECEMENTO
de
DOMINGO VILLAR
O 18 de maio, o escritor vigués Domingo Villar faleceu na súa cidade natal, tras sufrir un infarto cerebral do que non logrou recuperarse.
O celebrado escritor galego de novela negra, autor das coñecidas e valoradas novelas: Ollos de auga (2006), A praia dos afogados (2009), que sería levada ao cine, e O último barco (2019) ; e Algunos cuentos completos (2021), nacera o 1 de xaneiro de 1971 en Vigo e, polo tanto, contaba 51 anos de idade.
D.E.P.
Domingo Villar (Vigo, 1971) estudou Historia na Universidade de Santiago de Compostela, pero logo dedicouse á elaboración de guións para cinema e televisión. Actualmente reside en Madrid, onde exerceu durante anos como comentarista gastronómico e literario en programas de radio e hoxe é colaborador habitual en diversos medios.
Creador do singular inspector Leo Caldas, Villar é hoxe un dos máis importantes escritores de novela negra en España, destacando a proxección internacional da súa obra, que el mesmo traduciu ao castelán e outros trasladaron tamén ao inglés, francés, alemán, italiano, ruso, checo, noruegués, hebreo, polaco, holandés, búlgaro ou sueco.
A primeira entrega das aventuras de Leo Caldas, inspector de policía nunha comisaría de Vigo, titulouse Ollos de auga (2006) e a seguinte A praia dos afogados (2009). Con ambas as dúas obtivo numerosos galardóns e recoñecementos, tanto nas súas edicións orixinais en galego como a través das diferentes traducións; entre outros: o Premio Antón Losada Diéguez, Premio da Federación de Libreiros de Galicia, Premio Frei Martín Sarmiento, o Premio Sintagma ou o Brigada 21, sendo finalista dos Crime Thriller Awards e o Dagger International no Reino Unido, o Le Point du Polar Européen en Francia e mais o Premio da Academia Sueca de Novela Negra.
A praia dos afogados foi levada ao cine no 2015 baixo a dirección do realizador español Gerardo Herrero, sendo responsables do guión o propio Villar e Felipe Vega.
Nestes momentos ultima a terceira entrega da triloxía protagonizada polo inspector Caldas, que se ha titular Cruces de pedra en homenaxe a Castelao, o intelectual galeguista exiliado en Buenos Aires nos anos corenta do pasado século.
A narrativa de Villar atrapa pola súa habelencia para a recreación de tramas mistéricas e a complementariedade enriquecedora dos seus personaxes, nunha escrita que non desatende os detalles na recreación das atmosferas e o humor nos diálogos e situacións.
23 de FEBREIRO
DÍA DE ROSALÍA
EXPOSICIÓN DO DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATURA
Coa data real do seu nacemento, o departamento de Lingua galega e Literaura (Dona Beni Vidal , membro do EDLG, xefa do departamento) organizou e preparou unha exposición conmemorativa da efeméride.
Os paneis, estendidos ao longo dos corredores do primeiro andar do edificio histórico, recordaron á nosa literata máis universal.
Velaquí algúns dos paneis que xa a maioría de vós ten vistos durante esta semana final do mes de febreiro,
DÍA DA MULLER NA CIENCIA 2022
EXPOSICIÓN ORGANIZADA POLO DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA (Profesor : D. Manuel Varela, membro do EDLG) co gallo do Día da Muller na Ciencia 2022, coa finalidade de visibilizar os nomes e os logros de mulleres científicas, que comparten o patronímico coas alumnas.
Asimemsmo, ponse de relevo as diferenzas en razón do xénero entre homes e mulleres que adican e adicaron a súa vida á ciencia.
Aquí deixo unha recomendación dun membro do noso EDLG.
Presentación do primeiro proxecto como solista de Diego Castro, músico que despois de vintecinco anos como profesional en infinidade de grupos e múltiples estilos nos mostra este tema que fala de xente común que decide loitar polos demais.
|