luns, 6 de xuño de 2022

 O Equipo de Dinamización da Lingua Galega organizou para o alumnado de Tecnoloxía de 1°de bacharelato unha actividade de saída pola cidade  probando as aplicacións móbiles, para comprobar o funcionamento e disfrutar das actividades deseñadas polo alumnado, dentro do proxecto "A cidade da Coruña convértese no noso taboleiro de xogo", levada a cabo polo profesor de Tecnoloxía, e colaborador de EDLG Serxio Gómez Recouso.





O alumnado de Tecnoloxía de 1º de bacharelato de Tecnoloxía libre de exames probou as mellores aplicacións deseñadas polos diferentes grupos, acompañados polo profesor da materia, Serxio Gómez Recouso, as profesoras do departamento de Lingua galega Dulce Fernández Graña e Estefanía González,Álvarez, e a coordinadora do EDLG M .Carme Edreira García. 



O s grupos, acompañados por cadanseu/ candansúa profesora, seguindo as indicacións da app fixeron diferentes percorridos pola cidade, intentando completar os diferentes xogos que as aplicacións indicaban.




A actividade resultou moi positiva para os distintos grupos, a pesar de que a chuvia limitou o desenvolvemento da actividade, obrigando aos participantes nela a volver ás aulas antes do planificado.




O interese suscitado polo xogo foi moi intenso, converténdose nunha actividade lúdica e de descobremento da cidade, ao tempo que se fomentaba o uso da lingua galega na mesma, ao desenvolverse a través dela.





O EDLG agasallou aos grupos que elaboraron as aplicacións máis valoradas cunha novela do
excelente novelista Domingo Villar, recentemente falecido. Este novelista, dentro da súa reducida obra, por mor do prematuro da súa morte, presenta como característica dela un gran coñecemento dos espazos físicos no que se desenvolven as pescudas detectivescas, ofrecendo aos lectores e lectoras uns gratificantes percorridos pola costa das Rías Baixas, pola cidade de Vigo e arredores e tamén polas zonas vitivinícolas do interior de Galicia.




A aplicación máis valorada foi:
"Club dos famosos mortos"
elaborada por Antía Sardiña García, Paula Díaz López e Sabela Lozano Rodríguez (1° D).



A segunda foi:
Crime na Coruña, elaborada por Marta Trabazo Barros e Simón García Franco (1° E).


 



Parabéns ao alumnado premiado, en primeiro lugar, e ao resto do alumnado de Tecnoloxía,
polos fantásticos traballos deseñados e realizados.

Agradecemento do EDLG ao profesor de Tecnoloxía Serxio Gómez Recouso, colaborador do mrsmo, que nos permitiu coa súa iniciativa, de introducirnos nas posibilidades de incorporar a lingua galega á innovación tecnolóxica do centro e ás profesoras Dulce Fernández Graña e Estefanía González Álvarez,  que xenerosamente colaboraron na  realización da actividade.


Coordinadora do EDLG: Carme Edreira.

Ningún comentario:

Publicar un comentario