xoves, 30 de xaneiro de 2020

70 ANIVERSARIO PASAMENTO CASTELAO




Con motivo do 70 aniversario do pasamento do xenial debuxante e escritor Afonso Daniel  Rodríguez Castelao, o Departamento de Lingua e Literatura Galega, en colaboración co EDLG, levou a cabo unha exposición de materiais relacionados coa figura do insigne persoeiro.

A exposición dos materiais, como se pode observar nos documentos gráficos, recolle tanto a súa importantísima obra gráfica, como referencias á súa vida e importancia no ámbito social, cultural e político na súa época.
Moitos dos documentos que aparecen na exposición proceden de aportacións do profesorado do departamento e algúns dos propios fondos do centro.

Outra parte dos traballos expostos en relación coa figura de Castelao son os elaborados polo alumnado de 2º de ESO, baixo a dirección do profesorado do departamento.

Profesorado, alumnado, visitantes e resto do persoal desfrutan desde fins de xaneiro dos magníficos debuxos cos que Castelao explica os difíciles anos que se vivían na Galicia do momento, testemuña e denuncia de diferentes situacións nas que os máis débiles e  non tiñan outra voz. 
Tamén, de prensa da época, coas noticias encol da figura de Castelao...incluso a referencia ao seu pasamento en Bos Aires, carteis, libros, ...

Información acerca da súa figura e mostras da súa arte suscitan a atención detida de tod@s nós.

Castelao: unha figura que segue a ser un facho  aceso para a nosa cultura.