venres, 24 de xuño de 2022


                             SAN XOÁN



Cando o mes de xuño chega case ao fin, unha grandísima festa tradicional e popular con el: a
celebración do San Xoán.

Cacharelas, sardiñas, ...e outros ritos que a acompañan.

Este curso no Eusebio traballamos sobre os diferentes ritos e centrámonos nas Herbas de San Xoán,
sete, diferentes nos distintos lugares de Galicia, máxicas todas elas baixo a luz do luar, imprescindibles
para a renovación de corpo e alma e para alonxar os espíritus desfavorables.
Dous grupos de 1° de ESO traballaron para informarse e informar aos outros das tradicións que non se
deben perder. E colaboraron tamén elaborando uns pequenos camiños de herbas purificadoras para
ofrecer a profesorado, persoal non docente e compañeiros e compañeiras.

O EDLG preparou unhas folliñas informativas da celebración e dos ritos, a prol de espallar o
coñecemento dos mesmos.







O Equipo de Dinamización da Lingua Galega organizou unha actividade para a fin deste curso 2021-2022 en relación coa tradicional festa do San Xoán, tan arraigada na nosa cidade.



A actividade constou dunha exposición de traballos do alumnado de 1º ESO A e E  encol dos diferentes ritos  que se levan a cabo na noite de San Xoán. Complementaron a exposición  "As ste herbas de San Xoán", preparada pola coordinadora do Equipo, nas cortizas dos corredores do edificio histórico, para información, defrute e ambientación para toda a comunidade educativa do centro.



Ademais, o derradeiro día lectivo do curso, o alumnado destes grupos  elaborou uns ramos de Sete Herbas para ofrecer ao persoal do centro, dirección, orientación, conserxería, persoal de limpeza, profesorado,...










Repartiron, asimesmo, polas aulas os folletos coa información sobre a máxica noite, elaborados polo Equipo como parte da actividade.



Sorte e feliz noite de San Xoán  a toda a comunidade educativa do Eusebio da Guarda.


Feliz San Xoán a todos e todas.

Feliz fin de curso e feliz verán.






Feliz verán a todos e todas e o maior agradecemento  pola colaboración co departamento Equipo de Dinamización da Lingua Galega neste curso que finaliza e nos anteriores baixo esta Coordinadora.

Coordinadora do EDLG: M. Carme Edreira.


luns, 20 de xuño de 2022





PREMIADAS DÚAS APPS 


"A CIDADE DA CORUÑA CONV.ERTESE  NO NOSO TABOLEIRO DE XOGO"

DA ACTIVIDADE ORGANIZADA E COORDINADA POLO PROFESOR DE TECNOLOXÍA E COLABORADOR DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA SERXIO GÓMEZ RECOUSO CO ALUMNADO DE TECNOLOXÍA DE 1º DE BACHARELATO.





OS OBXECTIVOS DO PROXECTO ERAN SACAR AO ALUMNADO Á RÚA, PARA XOGAR A UNS RETOS FEIROS POR ELES MESMOS, ACTIVIDADE QUE LEVAMOS A CABO O PASADO LUNS  7 DE XUÑO, AO TEMPO QUE SE PROMOVÉ O USO DA  LINGUA GALEGA NUNHA ACTIVIDADE LÚDICA QUE MOTIVARA AO ALUMNADO.


A  EXCELENTE VALORACIÓN DA ACTIVIDADE VÉN CORROBORADA DA MELLOR MANEIRA POSIBLE CON ESTE GALARDÓN PARA O PROFESOR E DOUS DOS GRUPOS.

PARABÉNS A  TODOS !!!!


 

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega organizou para o alumnado de Tecnoloxía de 1° de bacharelato unha actividade de saída pola cidade

"Probando a aplicación móbil"

para comprobar o funcionamento e disfrutar das actividades deseñadas polo alumnado, dentro do proxecto "A cidade da Coruña convértese no noso taboleiro de xogo".

O alumnado de Tecnoloxía disponible probou as mellores aplicacións deseñadas polos diferentes grupos, acompañados polo profesor da materia, Serxio Gómez Recouso, as profesoras do departamento de Lingua galega Dulce Fernández Graña e Estefanía González Álvarez, e a coordinadora do EDLG M .Carme Edreira García.

A actividade resultou moi positiva para os distintos grupos.

O EDLG agasallou aos grupos que elaboraron as aplicacións máis valoradas cunha novela do excelente novelista Domingo Villar, recentemente falecido.

A aplicación máis valorada foi:

"Club dos famosos mortos",

elaborada por Antía Sardiña García, Paula Díaz López e Sabela Lozano Rodríguez (1° D).

A segunda foi:

" Crime na Coruña", elaborada por Marta Trabazo Barros e Simón García Franco (1° E).

Parabéns ao alumnado premiado, en primeiro lugar,  e ao resto do alumnado de Tecnoloxía, polos fantásticos traballos deseñados e realizados.

 

Coordinadora do EDLG: Carme Edreira.

 

 

xoves, 16 de xuño de 2022

 


DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2022:

FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN

 

 

CERTAME HAIKUS

Foi convocado polo EDLG , coa colaboración do Departamento de Lingua galega e literatura, un certame-exposición de Haikus, en torno á  poesía de Florencio Delgado Gurriarán, persoeiro ao que se adica o Día das Letras Galegas deste 2022.



O fallo do xurado, composto por profesorado de diversos departamentos didácticos do Centro, foi:

-       Haiku de ouro: " Rabaño mudo" de  Manuel Carrasco, Elba Cardesín, Jorge Estévez e Ryu Tenreiro -4• ESO C.



-       Haiku de prata:"A sombra nos leva", de Alejandra Vázquez Suárez -1• ESO E.


-       Haiku de bronce: " Nos pastos verdes", de Martín Crespo, Aarón Deus e Iris Fernández -Chao- 4• ESO A.


-       Accésit 1:"Polas espidas", de Carla López Riveiros- 4• ESO E.

-       Accésit 2: "Verde ou de cor", de Sofía Pozurama e Inés Romero- 1• ESO A.


-       Accésit 3:"Agulla veloz", de Aroa González e Xiana Varela- 1• ESO E.




Os gañadores dos Haikus de ouro, prata e bronce recibiron o correspondente diploma, obono-regalo e libros.

Aqueloutros merecedores dos accésits recibiron os diplomas acreditativos, libros e USB.



O profesorado que formou o xurado quixo destacar o traballo desenvolvido polo alumnado. Ademais, o EDLG quere agradecer a participación e a implicación de alumnos e alumnas, e a dirección e supervisión das profesoras do Departamento de Lingua galega e literatura Estefanía Álvarez e Dulce Fernández, xunto con Carme Edreira, coordinadora do EDLG.

O EDLG agradece a colaboración dos profesores Beni Vidal e Manuel Blanco, como xurados.

luns, 6 de xuño de 2022

 O Equipo de Dinamización da Lingua Galega organizou para o alumnado de Tecnoloxía de 1°de bacharelato unha actividade de saída pola cidade  probando as aplicacións móbiles, para comprobar o funcionamento e disfrutar das actividades deseñadas polo alumnado, dentro do proxecto "A cidade da Coruña convértese no noso taboleiro de xogo", levada a cabo polo profesor de Tecnoloxía, e colaborador de EDLG Serxio Gómez Recouso.





O alumnado de Tecnoloxía de 1º de bacharelato de Tecnoloxía libre de exames probou as mellores aplicacións deseñadas polos diferentes grupos, acompañados polo profesor da materia, Serxio Gómez Recouso, as profesoras do departamento de Lingua galega Dulce Fernández Graña e Estefanía González,Álvarez, e a coordinadora do EDLG M .Carme Edreira García. 



O s grupos, acompañados por cadanseu/ candansúa profesora, seguindo as indicacións da app fixeron diferentes percorridos pola cidade, intentando completar os diferentes xogos que as aplicacións indicaban.




A actividade resultou moi positiva para os distintos grupos, a pesar de que a chuvia limitou o desenvolvemento da actividade, obrigando aos participantes nela a volver ás aulas antes do planificado.




O interese suscitado polo xogo foi moi intenso, converténdose nunha actividade lúdica e de descobremento da cidade, ao tempo que se fomentaba o uso da lingua galega na mesma, ao desenvolverse a través dela.





O EDLG agasallou aos grupos que elaboraron as aplicacións máis valoradas cunha novela do
excelente novelista Domingo Villar, recentemente falecido. Este novelista, dentro da súa reducida obra, por mor do prematuro da súa morte, presenta como característica dela un gran coñecemento dos espazos físicos no que se desenvolven as pescudas detectivescas, ofrecendo aos lectores e lectoras uns gratificantes percorridos pola costa das Rías Baixas, pola cidade de Vigo e arredores e tamén polas zonas vitivinícolas do interior de Galicia.




A aplicación máis valorada foi:
"Club dos famosos mortos"
elaborada por Antía Sardiña García, Paula Díaz López e Sabela Lozano Rodríguez (1° D).



A segunda foi:
Crime na Coruña, elaborada por Marta Trabazo Barros e Simón García Franco (1° E).


 



Parabéns ao alumnado premiado, en primeiro lugar, e ao resto do alumnado de Tecnoloxía,
polos fantásticos traballos deseñados e realizados.

Agradecemento do EDLG ao profesor de Tecnoloxía Serxio Gómez Recouso, colaborador do mrsmo, que nos permitiu coa súa iniciativa, de introducirnos nas posibilidades de incorporar a lingua galega á innovación tecnolóxica do centro e ás profesoras Dulce Fernández Graña e Estefanía González Álvarez,  que xenerosamente colaboraron na  realización da actividade.


Coordinadora do EDLG: Carme Edreira.

venres, 3 de xuño de 2022

 CERTAME DE CÓMIC EN GALEGO

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega en colaboración co Departamento de Artes Plásticas do IES organizou en 1º de ESO unha actividade en relación co mundo do cómic, a desenvolver en Lingua Galega, coa temática do Camiño de Santiago para os grupos de 1ª ESO C e 1º ESO E, a cargo da Coordinadora do EDLG , e de temática libre para o resto dos grupos, a cargo da profesora dona Teresa Pastor. 

As profesoras de Artes Plásticas implicadas no proxecto foron dona Silvia Candiá Expósito  e dona Lucía Sexto Porto .








O pasado 26 de maio un xurado composto por profesorado de varias materias, colaborador do EDLG do centro, visitou a exposición de cómics presentados ao certame neste mes das Letras Galegas, e fallou os premios.


                                                Os agasallos do EDLG:




Son os seguintes:Reunido o xurado o pasado 26 de maio, determinou conceder os seguintes premios:

 

CATEGORÍA A :  “Historias do Camiño de Santiago”

 

            1º premio:

            “O camiño francés de Manolo”, de Noelia López García-1º ESO A

            2º premio:

            “Máis alá da pantalla”, de Candela Nielsen Sicilia- 1º ESO A

            3º premio:

             “Unha viaxe accidentada” de Guillermo Seage Sesto e “O meu camiño de                                     Santiago “             de Samuel Otero Giráldez, ambos de 1º ESO E.

 

 

CATEGORÍA B: Tema libre

 

            1º premio:

            “O rapaz premiado”, de Mateo Carballal Gómez- 1º ESO C

            2º premio:

            “Marcos e Xoán”, de Antón Fernández Martínez-Anido-1º ESO B.

            3º premio:

            “A beira do mar”, de Flavia Cámara Neira-1º ESO B.

 

 

PREMIO ESPECIAL “IGUAIS NA DIVERSIDADE”, ofrecido polo Contrato-Programa “Iguais na diversidade”:

            “Un amor inesperado”, de Emma Martín Moreno-1º ESO A 




--------------

A directora do centro entregou os premios do EDLG, e un especial concedido polo Contrato-Programa "Iguais na diversidade", pola especial sensibilidade amosada en relación coa temática do programa.













O alumnado do centro disfrutou esta quincena pasada da exposición, con gran éxito.


Parabéns a todos e todas, pola participación.

Especialmente, ao alumnado premiado en ambas categorías e o premio especial "Iguais na diversidade".


Para o vindeiro curso, a segunda edición!