CERTAME DE CÓMIC EN GALEGO
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega en colaboración co Departamento de Artes Plásticas do IES organizou en 1º de ESO unha actividade en relación co mundo do cómic, a desenvolver en Lingua Galega, coa temática do Camiño de Santiago para os grupos de 1ª ESO C e 1º ESO E, a cargo da Coordinadora do EDLG , e de temática libre para o resto dos grupos, a cargo da profesora dona Teresa Pastor.
As profesoras de Artes Plásticas implicadas no proxecto foron dona Silvia Candiá Expósito e dona Lucía Sexto Porto .
O pasado 26 de maio un xurado composto por profesorado de varias materias, colaborador do EDLG do centro, visitou a exposición de cómics presentados ao certame neste mes das Letras Galegas, e fallou os premios.
Os agasallos do EDLG:
Son os seguintes:Reunido o xurado o pasado 26 de maio, determinou conceder os seguintes premios:
CATEGORÍA A :
“Historias do Camiño de Santiago”
1º premio:
“O camiño
francés de Manolo”, de Noelia López García-1º ESO A
2º premio:
“Máis alá
da pantalla”, de Candela Nielsen Sicilia- 1º ESO A
3º premio:
“Unha viaxe accidentada” de Guillermo Seage
Sesto e “O meu camiño de Santiago “ de Samuel Otero Giráldez, ambos de
1º ESO E.
CATEGORÍA B: Tema libre
1º premio:
“O rapaz
premiado”, de Mateo Carballal Gómez- 1º ESO C
2º premio:
“Marcos e
Xoán”, de Antón Fernández Martínez-Anido-1º ESO B.
3º premio:
“A beira do
mar”, de Flavia Cámara Neira-1º ESO B.
PREMIO ESPECIAL “IGUAIS NA DIVERSIDADE”, ofrecido polo
Contrato-Programa “Iguais na diversidade”:
A directora do centro entregou os premios do EDLG, e un especial concedido polo Contrato-Programa "Iguais na diversidade", pola especial sensibilidade amosada en relación coa temática do programa.
O alumnado do centro disfrutou esta quincena pasada da exposición, con gran éxito.
Parabéns a todos e todas, pola participación.
Especialmente, ao alumnado premiado en ambas categorías e o premio especial "Iguais na diversidade".
Para o vindeiro curso, a segunda edición!
Ningún comentario:
Publicar un comentario