venres, 29 de outubro de 2021

SAMAÍN 2021 NO EUSEBIO DA GUARDA

 


            O profesor do Departamento de Tecnoloxía, don Serxio Gómez, co gallo tamén do Samaín, levou a cabo unha actividade que mestura a festa co deseño de apps máis actual.

            O Equipo de Dinamización da Lingua Galega agradece a súa colaboración.

           

             Aquí a tedes:


            1ª YINCANA TERRORÍFICA DE SAMAÍN NO EUSEBIO DA GUARDA

                                    



                        

    O alumnado enfrentáse a primeira yincana terrorífica de Samaín onde terá que superar diferentes probas ao longo do Instituto, coa axuda dunha app móvil.

    Serán capaces de percorrer o Instituto e superar os 4 retos antes de que a maldición caia sobre todo o alumnado?


    
 Vídeo: https://youtu.be/flXyDClFK_c


                      


O descubriremos en Samaín!  


Esta actividade ten tres obxectivos principais: 


1. Que o alumnado o pase ben aprendendo.

2. Fomentar a curiosidades: que o alumnado descubra as posibilidades divertidas que ten a programación de aplicacións mobiles

3. Fomentar o uso da nosa lingua


Posteriormente desenvolverán a su propia app móvil.



                                





SAMAÍN 2021 NO EUSEBIO DA GUARDA


 O Equipo de Dinamización da Lingua Galega organiza a tradicional actividade de decoración das portas das aulas de ESO.

                    O alumnado, coordinado, dirixido e axudado polo profesorado, especialmente titores e titoras das clases, presentarán ao concurso a súa proposta DE MEDOOOOO!!! neste Samaín.

                    O premio ao grupo que presente a porta máis terrorífica, orixinal, mellor executada, a xuízo dun esixente xurado composto por directora, coordinadora, profesores, alumn@s....recibirá un caldeiro de chuches....




Aquí tedes as portas de aula de moitos dos grupos de ESO como participantes desta festa de SAMAÍN.    

















    Despois de deliberar un rato, o xurado composto pola directora do centro, a coordinadora do EDLG, a xefa do departamento de Lingua galega e literatura, varios profesores e alumna, decidiron outorgar o primeiro premio á decoración de porta de 3º ESO C, que foi exposta diante da sala de profesorado, atendendo á orixinalidade da idea, á execución da mesma e á implicación do conxunto do alumnado da clase e o titor, Paulo Carballada.







    A directora repartiu o premio na aula.














    Asimesmo foron premiados con chuches os grupos de 4º ESO A e 1º ESO C, como segundos e terceiros clasificados.
    Como agradecemento pola participación e implicación marabillosa dos distintos grupos, o EDLG deixou en cada aula un pequeno paquete de chuches de consolación.





















    O próximo ano terán todos os grupos outra oportunidade de DAR MEDO coa decoración das portas...e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega de celebrar e premiar a creatividade e o traballo de todos e todas.
    


mércores, 27 de outubro de 2021

 


 

                    O EUSEBIO DA GUARDA, EN GALEGO



    SEGUNDA ACTIVIDADE DO CURSO 2021-2022 ORGANIZADA POLO EQUPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA DO EUSEBIO E O DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA PARA O PROFESORADO DE CONVIVENCIA E COÑECEMENTO DA CONTORNA.    


                                                                 O EUSEBIO DA GUARDA 




                       


 

O  DEPARTAMENTO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA  DO EUSEBIO, en colaboración co departamento de Xeografía e Historia,

 

dentro das actividades dirixidas ao coñecemento da contorna,

e despois da exitosa actividade “A CORUÑA MODERNISTA”

 

CONVOCA AO PROFESORADO INTERESADO A PARTICIPAR NUNHA NOVA VISITA GUIADA , NESTE CASO

 

 

 EUSEBIO DA GUARDA, CENTRO HISTÓRICO DE ENSINO”

 

A CARGO DE D. ISABEL RUSO DE LAGO,

DIRECTORA DO CENTRO,

MEMBRO DO DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA

 

 

 

DATA: LUNS 8 DE NOVEMBRO

HORA: 18:00 HORAS.

SAÍDA: SALA DE PROFESORADO.

DURACIÓN APROX.: 1 HORA

 



 

 


martes, 26 de outubro de 2021

EXPOSICIÓN DIDÁCTICA coas cantigas do trobador MARTÍN DE PADROZELOS

 

    A última semana de outubro e a primeira semana de novembro, nos corredores do primeiro andar do edificio histórico do Eusebio da Guarda podemos disfrutar dunha exposición didáctica sobre as cantigas dun trobador da lírica medieval galego-portuguesa Martín de Padrozelos.

    A exposición, promocionada pola Asociación de Estudosos do Camiño de santiago e máis a Secretaría Xeral de Política Lingüística, foi comisionada por Luís Celeiro e forma parte dun proxecto relacionado coa nosa lírica medieval e co Camiño de Santiago.


    A profesora do Departamento da Lingua galega e Literatura  e membro do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, dona Dulce Fernández Graña é unha das autoras do catálogo.


    Os paneis expostos no corredor :














        A modo de clausura desta primeira rolda da exposición polos centros educativos en 2021, terá lugar un concerto do grupo A Quenlla, coa interpretación das cantigas de Martín de Padrozelos  en Chantada o 18 de decembro.



    O Departamento de Lingua galega e literatura colaborou na organización da exposición co Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

xoves, 7 de outubro de 2021

SAMAÍN 2021

 


                   MIrade estes interesantes vídeos sobre Samaín!!!

                                            


                Coñece a orixe e as lendas do Samaín:

                https://www.youtube.com/watch?v=C9AOizCHlZk


               Coñeces as distintas tradicións do Samaín en Galicia?

                https://www.youtube.com/watch?v=C9AOizCHlZk


                        


              Por último, un vídeo de Samaín con canción, que serve  para aprender algo máis.....

                https://www.youtube.com/watch?v=l9tAcqKlzaI

            

            

            

martes, 5 de outubro de 2021

 

    ACTIVIDADE ORGANIZADA POLO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA E O PROFESOR D. ABEL FERNÁNDEZ MAROÑO, PERTENCENTE AO DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA DESTE IES , DIRIXIDA AO PERSOAL DOCENTE:

                          "  A CORUÑA MODERNISTA "

O obxectivo da actividade era levar a cabo unha actividade de fomento do coñecemento entre o profesorado, moito  del recén chegado ao centro, e fomentar a convivencia e a colaboración entre todos e todas cara ao curso que se inicia e encara coa esperanza da volta á normalidade, na medida do posíbel.

O profesor D. Abael Fernández Maroño, especialista na arquitectura modernista da nosa cidade, autor de estudos sobre o tema, guiou ao profesorado interesado en desenvolver a actividade nun breve roteiro pola cidade  en dúas quendas: os luns 27 de setembro e 4 de outubro.

  Ambos grupos partiron do Eusebio, tras a finalización das clases de tarde dos luns, percorrendo os emblemáticos edificios modernistas arredor da praza de Lugo, continuando polos Cantóns, ata finalizar fronte á emblemática fachada de cristal da cidade, ao Parrote, ao porto...

Aprendimos e recordamos o sabido e contemplamos as marabillas que nos rodean coa mirada renovada, nun ambiente de compañeirismo que os tempos recén vividos nos tiñan limitado.

A valoración da actividade, a primeira do curso, non puido ser mellor.

Desde o EDLG agradecemos ao profesor Fernández Maroño a súa oferta, disponibilidade e xenerosidade, e a todos e todas os membros do profesorado participante.









                                    Esperamos poder repetir este tipo de actividade sen tardar moito,