A última semana de outubro e a primeira semana de novembro, nos corredores do primeiro andar do edificio histórico do Eusebio da Guarda podemos disfrutar dunha exposición didáctica sobre as cantigas dun trobador da lírica medieval galego-portuguesa Martín de Padrozelos.
A exposición, promocionada pola Asociación de Estudosos do Camiño de santiago e máis a Secretaría Xeral de Política Lingüística, foi comisionada por Luís Celeiro e forma parte dun proxecto relacionado coa nosa lírica medieval e co Camiño de Santiago.
A profesora do Departamento da Lingua galega e Literatura e membro do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, dona Dulce Fernández Graña é unha das autoras do catálogo.
Os paneis expostos no corredor :
A modo de clausura desta primeira rolda da exposición polos centros educativos en 2021, terá lugar un concerto do grupo A Quenlla, coa interpretación das cantigas de Martín de Padrozelos en Chantada o 18 de decembro.
O Departamento de Lingua galega e literatura colaborou na organización da exposición co Equipo de Dinamización da Lingua Galega.
Ningún comentario:
Publicar un comentario