venres, 25 de febreiro de 2022



 23 de FEBREIRO

DÍA DE ROSALÍA






EXPOSICIÓN DO DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATURA


Coa data real do seu nacemento, o departamento de Lingua galega e Literaura (Dona Beni Vidal , membro do EDLG, xefa do departamento) organizou e preparou unha exposición conmemorativa da efeméride.

Os paneis, estendidos ao longo dos corredores do primeiro andar do edificio histórico, recordaron á nosa literata máis universal.

Velaquí algúns dos paneis que xa a maioría de vós ten vistos durante esta semana final do mes de febreiro,









martes, 22 de febreiro de 2022






11 FEBREIRO

DÍA DA MULLER NA CIENCIA 2022


EXPOSICIÓN ORGANIZADA POLO DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA (Profesor : D. Manuel Varela, membro do EDLG) co gallo do Día da Muller na Ciencia 2022, coa finalidade de visibilizar os nomes e os logros de mulleres científicas, que comparten o patronímico coas alumnas.

Asimemsmo, ponse de relevo as diferenzas en razón do xénero entre homes e mulleres que adican e adicaron  a súa vida á ciencia.

















 

luns, 21 de febreiro de 2022


 

EXPOSICIÓN POEMAS SAN VALENTÍN COMPLETO

Alumnas e alumnos de 1ª ESO A e 1º ESO E aportaron os seus poemas con ilustracións e incluso ilustracións son lema para celebrar esta festa do amor EN GALEGO, aceptando a invitación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do centro.









                        Moitísimos alumnos e alumnas, profesorado e persoal non docente se asomaron aos         versos expostos na cortiza grande do edificio histórico, desfrutando e comentando o talento das             composicións expostas.







                                        Grazas a tod@s pola colaboración!!!!

venres, 18 de febreiro de 2022

martes, 15 de febreiro de 2022

 

MÚSICAS GALEGAS E MÚSICOS GALEGOS


OUTRA DE TANXUGUEIRAS

TANXUGUEIRAS & RAYDEN






UNHA ACTUACIÓN ANTERIOR QUE INCLÚE O GRANDE ÉXITO DO PRIMEIRO DISCO DO GRUPO EN 2019: "QUE NON MO NEGUEN", un  alegato de sororidade.


 MÚSICA GALEGA  

MÚSICOS GALEGOS



             No noso país hai talento a moreas.
                  O traballo arreo é un dos nosos signos de identidade.
           Cada semana propoñeremos músicos e músicas para que poidamos/poidades descubrir, coñecer ...  e  escoller ...
E gustar. 
            
            Quenqueira poder enviar as súas suxestións e recomendacións ao blog:

    aartesadoeusebio@gmail.com






Aquí deixo unha recomendación dun membro do noso  EDLG.

DIEGO CASTRO, en solitario, co tema Perder

Paga moito a pena escoitar este tema.
Disfrutádeo.

Presentación do primeiro proxecto como solista de Diego Castro, músico que despois de vintecinco anos como profesional en infinidade de grupos e múltiples estilos nos mostra este tema que fala de xente común que decide loitar polos demais.



 

xoves, 10 de febreiro de 2022


14 DE FEBREIRO 💓 SAN VALENTÍN






O GALEGO,

 LINGUA DE AMOR

💓💓💓💓💓💓💓💓💓💓💓


            Xa na Idade Media, os trobadores da Península e outros reinos do sul de Europa elixiron o galego como lingua dos seus poemas de amor: as cantigas de amor, se era o home quen amaba sen esperanza a unha dama, e as cantigas de amigo, cando eran as rapazas as que sufrían ou gozaban co amor dos seus amigos...

                                        
                                    




Bernal de Bonaval "A dona que eu amo" - Bing video














 Ai flores, ai flores do verde pino,
se sabedes novas do meu amigo?
Ai Deus, e u é?
Ai flores, ai flores do verde ramo,
se sabedes novas do meu amado?
Ai Deus, e u é?
Se sabedes novas do meu amigo,
aquel que mentiu do que pôs con migo?
Ai Deus, e u é?
Se sabedes novas do meu amado,
aquel que mentiu do que mi á jurado?
Ai Deus, e u é?
 Vós me preguntades polo voss’amigo,
e eu ben vos digo que é san’e vivo.
 Ai Deus, e u é?
 Vós me preguntades polo voss’amado,
e eu ben vos digo que é viv’e sano.
 Ai Deus, e u é?
 E eu ben vos digo que é san’e vivo,
e seera vosc’ant’o prazo saido.
 Ai Deus, e u é?
 E eu ben vos digo que é viv’e sano,
e se[e]ra vosc’ant’o prazo passado.
 Ai Deus, e u é?












































           Ata hoxe, O GALEGO FOI E É LINGUA DO AMOR

            Milleiros de exemplos poderían  aparecer aquí-


            Porén, invitamos aos membros da comunidade educativa do Eusebio a que presenten os seus poemas de amor na semana da 14 de febreiro.

            Formrán parte dunha exposición nas cortizas o EDLG do primeiro andar do edificio histórico.

            A final de semana presentaremos aquí algúns exemplos de bo facer de alumnos e alumnas e de calquera outro/a. do noso centro.


            Tamén poden enviarse a: aartesadoeusebio@gmail.com


            Feliz San Valentín e moito amor a tod💓s.








luns, 7 de febreiro de 2022

 O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA 
CONVOCA
EXPOSICIÓN DE POEMAS
DE AMOR
CO GALLO DE SAN VALENTÍN 

2022