venres, 13 de marzo de 2020

PROGRAMA VISITAS E SAÍDAS "COÑECER GALICIA"

2º ESO. LUGO, CIDADE CASTREXA E CIDADE ROMANA


A visita a Lugo para o alumnado de 2º de ESO programada para o luns 16 de marzode 2020 foi adiada polas circunstancias excepcionais do confinamento pola crise sanitaria do coronavirus.
Agardamos poder levala a cabo en datas non moi lonxanas.


(Evidentemente, as aportacións do alumnado para aboar o custo dos transporte serán devoltas, en caso contrario).


luns, 9 de marzo de 2020

PROGRAMA VISITAS E SAÍDAS "COÑECER GALICIA"


1º ESO. RUTA COSTA DA MORTE


Repetindo a exitosa experiencia do curso anterior con grupos de 1º de ESO, este curso  o luns 9 de marzo os grupos de 1º visitaron os escenarios do libro de lectura "Volverás golfiño" da escritora coruñesa Andrea Maceiras, que nos visitou para explicar a súa obra o pasado luns 2 de marzo (como aparece en entrada anterior deste blog).
Eses escenarios da Costa da Morte, recreados na obra, e a historia real e a ficticia narrada na novela, son dun grande valor en moitos aspectos distintos e deben ser coñecidos e valorados como tal polo alumnado.



Ademáis, este curso introducimos unha variación para acercar ao alumnado ao coñecemento da zona, con parada nos Muíños e Batáns do Mosquetín, na beira do río Grande. O enorme valor etnográfico desta visita supón un acercamento á historia pasada non tan lonxana do noso país.



Aínda que, como no ano anterior, a parada para a comida na praia de Ariño, no marabilloso entorno natural e nas cómodas instalacións da mesma, supón un dos momentos da visita que o noso alumnado máis valora e recorda.



Agradecemos a enorme colaboración do profesorado titor e acompañante á actividade, especialmente á coordinadora de ESO Mª Jesús Quintás e ao profesor-guía Antonio Fondo, do departamento de Relixión Católica. 







luns, 2 de marzo de 2020

VISITA  ESCRITORA ANDREA MACEIRAS. 

LUNS 2 DE MARZO.






O departamento de Lingua galega e Literatura invitou á escritora Andrea Maceiras a visitar o nos centro e falar acerca das súas obras.

A tarde do luns 2 de marzo, ao longo de dúas sesións, falou de dúas das súas obras que figuran como libros de lectura obrigatorios para os grupos de 1º de ESO, Volverás golfiño,  e 3º de ESO,  Europa Express.
Interés especial para o alumndo de 1º de ESO que o vindeiro luns 9 de marzo ten programada polo departamento de EDLG a visita aos escenarios da primeira das obras.
A xove escritora coruñesa, que é tamén profesora de lingua de secundaria, explicou algúns aspectos de moito interese de ambas obras e atendeu ás preguntas  que o alumnado  lle presentou.




Tamén adicou e asinou a cant@s quixeron a súa obra.


Ao tempo, a coordinadora do EDLG, que tivo a sorte de lle dar clase cando era alumna de ESO e Bacharelato,  aproveita para animar a aqueles alumnos e alumnas con inquietude e interese pola creación literaria a que continúen cos seus esforzos, porque talento e traballo unidos dan froito.
Así o demostra o caso de Andrea, entre outros.

Con afecto e orgullo, á encantadora alumna que foi e á encantadora muller-escritora que é, grazas Andrea!