PROGRAMA VISITAS E SAÍDAS "COÑECER GALICIA"
1º ESO. RUTA COSTA DA MORTE
Repetindo a exitosa experiencia do curso anterior con grupos de 1º de ESO, este curso o luns 9 de marzo os grupos de 1º visitaron os escenarios do libro de lectura "Volverás golfiño" da escritora coruñesa Andrea Maceiras, que nos visitou para explicar a súa obra o pasado luns 2 de marzo (como aparece en entrada anterior deste blog).
Eses escenarios da Costa da Morte, recreados na obra, e a historia real e a ficticia narrada na novela, son dun grande valor en moitos aspectos distintos e deben ser coñecidos e valorados como tal polo alumnado.
Ademáis, este curso introducimos unha variación para acercar ao alumnado ao coñecemento da zona, con parada nos Muíños e Batáns do Mosquetín, na beira do río Grande. O enorme valor etnográfico desta visita supón un acercamento á historia pasada non tan lonxana do noso país.
Aínda que, como no ano anterior, a parada para a comida na praia de Ariño, no marabilloso entorno natural e nas cómodas instalacións da mesma, supón un dos momentos da visita que o noso alumnado máis valora e recorda.
Agradecemos a enorme colaboración do profesorado titor e acompañante á actividade, especialmente á coordinadora de ESO Mª Jesús Quintás e ao profesor-guía Antonio Fondo, do departamento de Relixión Católica.
Ningún comentario:
Publicar un comentario