martes, 30 de novembro de 2021

                        

                         MES DA CIENCIA EN GALEGO





                            Traballos do alumnado de 3º ESO.

        Profesora colaboradora: D. Minia Prego- Física e Química.











xoves, 18 de novembro de 2021

 

                       PASAMENTO DE DARÍO XOHÁN CABANA


            O 17 de novembro  o escritor  galego Darío Xohán Cabana finou á idade de 69 anos.

            


                                

D.E.P.


    Poeta, narrador e ensaísta, foi unha das figuras fundamentais da literatura galega de finais do século XX Darío Xohán Cabana (Cospeito, 1952) vén de falecer aos 69 anos. Acaído sería falar de Darío, segundo moitos estudosos da literatura galega, como «o gran poeta de Galicia». Manifestaba que empezara a escribir «por razóns patrióticas, por escribir en galego» e que sentía «un amor desesperado pola terra galega que chega a ser un sentimento físico, real».

      

mércores, 10 de novembro de 2021

                 

              FESTA DO MAGOSTO  no EUSEBIO


Mércores 10 de novembro, véspera de San Martiño, desenvolveuse no Eusebio da Guarda a actividade tradicional do Magosto.

O castañeiro repartiu ao alumnado que quixo participar na festa degustando un cucurucho de riquísimas castañas. 




Ademais, segundo a programación anunciada nas aulas, houbo unha pequena actuación para cada un dos niveis, nos respectivos recreos do alumnado, que foi preparada por  grupos de compañeiras (este ano actuaron só alumnas).

Ás 10:15, momento da festa para o alumnado de 1º e 2º de ESO, actuaron na Aula Picasso un grupo de alumnas de 1º A e 1ª E, que bailaron   a "Muiñeira de Chantada", arrancando os aplausos de compañeiros e compañeiras.




Parabéns pola magnífica actuación a  Candela B, Nielsen Sicilia, de 1º ESO A ,  e  Irene Armada Santos, Claudia Milia Malingre, María Torrado Sánchez e Alejandra Vázquez Suárez, de 1º ESO E.

Comprobade neste enlace da canle de youtube do Eusebio:

            https://www.youtube.com/watch?v=SuTVfqHr1OY


Ás 11:15, para o alumnado de 3º e 4º de ESO actuaron, tamén na Aula Picasso, tres alumnas de 3º de ESO: Alejandra Pérez Seijas, de 3ºB, Yolanda Rey Chenlo, de 3º D, e Xulia Rivadulla Losa de 3º E.




Igualmente fantástica a actuación, que levantou os vítores dos presentes.


Aquí tedes o enlace:

https://www.youtube.com/watch?v=aTNTIumz9Yk


Parabéns para o grupo.













Finalmente, ás portas do centro, dúas alumnas de 2º de bacharelato: Carolina Díaz Vázquez, de 2ºB, e Daniela Neira, de 2º C, ofreceron a interpretación de dúas cancións co acompañamento de guitarra. Noraboa a ambas, que recibiron os calorosos aplausos de compañeiros e compañeiras que degustaban as súas castañas na Praza de Pontevedra, ás portas do centro.




Puxeron un punto final musical ao pequeno festival que acompañou este ano 2021 outra vez a festa das castañas no Eusebio da Guarda.

Enlace do vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=LUG40Sjgi_s




VÍDEOS DAS ACTUACIÓNS DISPONIBLES NO CANAL DE YOUTUBE  DO CENTRO.


Ata o vindeiro Magosto!

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega agradece a colaboración das alumnas que participaron e do profesorado que colaborou na actividade.

martes, 9 de novembro de 2021

 


FESTA  DO MAGOSTO 2021

1O DE NOVEMBRO






 

                        PROGRAMA DE ACTUACIÓNS

 

10:10- AULA PICASSO

          Muiñeira de Chantada”

          Interpretada por alumnas de 1º ESO A-E

       

11:00- AULA PICASSO

          Baile tradicional.

          Interpretado por  alumnas de 3º ESO

       

 

12:10- HALL DO CENTRO

          Alumnas de 2º de bacharelato B e C

          Interpretan dúas cancións:

          “Fisterra” e “Adélia”

 

 

EQUIPO DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA DO EUSEBIO


 


                                        O EUSEBIO DA GUARDA

                


     Luns 8 de novembro desenvolveuse no Eusebio da Guarda a actividade programada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Departamento de Xeografía e Historia, a fin de dar a coñecer ao profesorado o Centro, nunha visita guiada pola profesora do Departamento e directora do Centro, dona Isabel Ruso de Lago, apaixoada estudosa  do edificio  e das súas pequenas e grandes historias.

    Ao fin, xa todas e todos constituímos unha parte desa gran historia, vital para o desenvolvemento da ensinanza na cidade.

    Non cabe dúbida que a directora contribúe, sen desánimo e cun gran coñecemento e paixón,  ao coñecemento da mesma e ao espallamento do orgullo común de formar parte dela.


Un grupo de profesores e profesoras accedimos, guiados por Isabel Ruso, a lugares  ordinarios cunha nova mirada, que nos permitiu coñecer e apreciar aspectos nos que non repararamos do edificio, dos elementos arquitectónicos, das pinturas...Tamén a aqueloutros lugares escondidos e inaccesibles de xeito ordinario, ata chegar o enorme faiado, e o tellado, coas súas vistas marabillosas da nosa cidade, de mar a mar.

Velaquí algunha mostra do noso percorrido:









O EDLG quere expresar a gratitude á profesora de Historia e directora do centro, dona Isabel Ruso, pola visita.

                                        ..............................................


    A profesora dona Dulce Fernández, membro do EDLG , aporta interesantes  fotos que amosan outros momentos da visita. 

    Incorporámolas aquí:





xoves, 4 de novembro de 2021

MAGOSTO 2021

                                          MAGOSTO 2021 NO EUSEBIO DA GUARDA

                  Vindeiro mércores 10 de novembro, celebraremos o Magosto, de novo, no Eusebio.

Nos respectivos recreos, os grupos de 1º e 2º de ESO (10:10-10:30 horas), os grupos de 3º e 4º ESO (11:00-11:40 horas) e 1º e 2º de bacharelato (12:10-12:30), poderán celebrar a tradicional festa do outono, con compañeiros e compañeiras.

Apuntádevos, se queredes probar as castañas asadas do castañeiro...!!!!