PASAMENTO DE DARÍO XOHÁN CABANA
O 17 de novembro o escritor galego Darío Xohán Cabana finou á idade de 69 anos.
D.E.P.
Poeta, narrador e ensaísta, foi unha das figuras fundamentais da literatura galega de finais do século XX Darío Xohán Cabana (Cospeito, 1952) vén de falecer aos 69 anos. Acaído sería falar de Darío, segundo moitos estudosos da literatura galega, como «o gran poeta de Galicia». Manifestaba que empezara a escribir «por razóns patrióticas, por escribir en galego» e que sentía «un amor desesperado pola terra galega que chega a ser un sentimento físico, real».
Ningún comentario:
Publicar un comentario