FESTA DO MAGOSTO no EUSEBIO
Mércores 10 de novembro, véspera de San Martiño, desenvolveuse no Eusebio da Guarda a actividade tradicional do Magosto.
O castañeiro repartiu ao alumnado que quixo participar na festa degustando un cucurucho de riquísimas castañas.
Ademais, segundo a programación anunciada nas aulas, houbo unha pequena actuación para cada un dos niveis, nos respectivos recreos do alumnado, que foi preparada por grupos de compañeiras (este ano actuaron só alumnas).
Ás 10:15, momento da festa para o alumnado de 1º e 2º de ESO, actuaron na Aula Picasso un grupo de alumnas de 1º A e 1ª E, que bailaron a "Muiñeira de Chantada", arrancando os aplausos de compañeiros e compañeiras.
Parabéns pola magnífica actuación a Candela B, Nielsen Sicilia, de 1º ESO A , e Irene Armada Santos, Claudia Milia Malingre, María Torrado Sánchez e Alejandra Vázquez Suárez, de 1º ESO E.
Comprobade neste enlace da canle de youtube do Eusebio:
https://www.youtube.com/watch?v=SuTVfqHr1OY
Ás 11:15, para o alumnado de 3º e 4º de ESO actuaron, tamén na Aula Picasso, tres alumnas de 3º de ESO: Alejandra Pérez Seijas, de 3ºB, Yolanda Rey Chenlo, de 3º D, e Xulia Rivadulla Losa de 3º E.
Igualmente fantástica a actuación, que levantou os vítores dos presentes.
Aquí tedes o enlace:
https://www.youtube.com/watch?v=aTNTIumz9Yk
Parabéns para o grupo.
Finalmente, ás portas do centro, dúas alumnas de 2º de bacharelato: Carolina Díaz Vázquez, de 2ºB, e Daniela Neira, de 2º C, ofreceron a interpretación de dúas cancións co acompañamento de guitarra. Noraboa a ambas, que recibiron os calorosos aplausos de compañeiros e compañeiras que degustaban as súas castañas na Praza de Pontevedra, ás portas do centro.
Puxeron un punto final musical ao pequeno festival que acompañou este ano 2021 outra vez a festa das castañas no Eusebio da Guarda.
Enlace do vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=LUG40Sjgi_s
VÍDEOS DAS ACTUACIÓNS DISPONIBLES NO CANAL DE YOUTUBE DO CENTRO.
Ata o vindeiro Magosto!
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega agradece a colaboración das alumnas que participaron e do profesorado que colaborou na actividade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario