O EUSEBIO DA GUARDA
Luns 8 de novembro desenvolveuse no Eusebio da Guarda a actividade programada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Departamento de Xeografía e Historia, a fin de dar a coñecer ao profesorado o Centro, nunha visita guiada pola profesora do Departamento e directora do Centro, dona Isabel Ruso de Lago, apaixoada estudosa do edificio e das súas pequenas e grandes historias.
Ao fin, xa todas e todos constituímos unha parte desa gran historia, vital para o desenvolvemento da ensinanza na cidade.
Non cabe dúbida que a directora contribúe, sen desánimo e cun gran coñecemento e paixón, ao coñecemento da mesma e ao espallamento do orgullo común de formar parte dela.
Un grupo de profesores e profesoras accedimos, guiados por Isabel Ruso, a lugares ordinarios cunha nova mirada, que nos permitiu coñecer e apreciar aspectos nos que non repararamos do edificio, dos elementos arquitectónicos, das pinturas...Tamén a aqueloutros lugares escondidos e inaccesibles de xeito ordinario, ata chegar o enorme faiado, e o tellado, coas súas vistas marabillosas da nosa cidade, de mar a mar.
Velaquí algunha mostra do noso percorrido:
O EDLG quere expresar a gratitude á profesora de Historia e directora do centro, dona Isabel Ruso, pola visita.
..............................................
A profesora dona Dulce Fernández, membro do EDLG , aporta interesantes fotos que amosan outros momentos da visita.
Incorporámolas aquí:
Ningún comentario:
Publicar un comentario