martes, 5 de outubro de 2021

 

    ACTIVIDADE ORGANIZADA POLO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA E O PROFESOR D. ABEL FERNÁNDEZ MAROÑO, PERTENCENTE AO DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA DESTE IES , DIRIXIDA AO PERSOAL DOCENTE:

                          "  A CORUÑA MODERNISTA "

O obxectivo da actividade era levar a cabo unha actividade de fomento do coñecemento entre o profesorado, moito  del recén chegado ao centro, e fomentar a convivencia e a colaboración entre todos e todas cara ao curso que se inicia e encara coa esperanza da volta á normalidade, na medida do posíbel.

O profesor D. Abael Fernández Maroño, especialista na arquitectura modernista da nosa cidade, autor de estudos sobre o tema, guiou ao profesorado interesado en desenvolver a actividade nun breve roteiro pola cidade  en dúas quendas: os luns 27 de setembro e 4 de outubro.

  Ambos grupos partiron do Eusebio, tras a finalización das clases de tarde dos luns, percorrendo os emblemáticos edificios modernistas arredor da praza de Lugo, continuando polos Cantóns, ata finalizar fronte á emblemática fachada de cristal da cidade, ao Parrote, ao porto...

Aprendimos e recordamos o sabido e contemplamos as marabillas que nos rodean coa mirada renovada, nun ambiente de compañeirismo que os tempos recén vividos nos tiñan limitado.

A valoración da actividade, a primeira do curso, non puido ser mellor.

Desde o EDLG agradecemos ao profesor Fernández Maroño a súa oferta, disponibilidade e xenerosidade, e a todos e todas os membros do profesorado participante.









                                    Esperamos poder repetir este tipo de actividade sen tardar moito,    

Ningún comentario:

Publicar un comentario