O profesor do Departamento de Tecnoloxía, don Serxio Gómez, co gallo tamén do Samaín, levou a cabo unha actividade que mestura a festa co deseño de apps máis actual.
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega agradece a súa colaboración.
Aquí a tedes:
1ª YINCANA TERRORÍFICA DE SAMAÍN NO EUSEBIO DA GUARDA
O alumnado enfrentáse a primeira yincana terrorífica de Samaín onde terá que superar diferentes probas ao longo do Instituto, coa axuda dunha app móvil.
Serán capaces de percorrer o Instituto e superar os 4 retos antes de que a maldición caia sobre todo o alumnado?
Vídeo: https://youtu.be/flXyDClFK_c
O descubriremos en Samaín!
Esta actividade ten tres obxectivos principais:
1. Que o alumnado o pase ben aprendendo.
2. Fomentar a curiosidades: que o alumnado descubra as posibilidades divertidas que ten a programación de aplicacións mobiles
3. Fomentar o uso da nosa lingua
Posteriormente desenvolverán a su propia app móvil.
Ningún comentario:
Publicar un comentario