venres, 29 de outubro de 2021

SAMAÍN 2021 NO EUSEBIO DA GUARDA


 O Equipo de Dinamización da Lingua Galega organiza a tradicional actividade de decoración das portas das aulas de ESO.

                    O alumnado, coordinado, dirixido e axudado polo profesorado, especialmente titores e titoras das clases, presentarán ao concurso a súa proposta DE MEDOOOOO!!! neste Samaín.

                    O premio ao grupo que presente a porta máis terrorífica, orixinal, mellor executada, a xuízo dun esixente xurado composto por directora, coordinadora, profesores, alumn@s....recibirá un caldeiro de chuches....




Aquí tedes as portas de aula de moitos dos grupos de ESO como participantes desta festa de SAMAÍN.    

















    Despois de deliberar un rato, o xurado composto pola directora do centro, a coordinadora do EDLG, a xefa do departamento de Lingua galega e literatura, varios profesores e alumna, decidiron outorgar o primeiro premio á decoración de porta de 3º ESO C, que foi exposta diante da sala de profesorado, atendendo á orixinalidade da idea, á execución da mesma e á implicación do conxunto do alumnado da clase e o titor, Paulo Carballada.







    A directora repartiu o premio na aula.














    Asimesmo foron premiados con chuches os grupos de 4º ESO A e 1º ESO C, como segundos e terceiros clasificados.
    Como agradecemento pola participación e implicación marabillosa dos distintos grupos, o EDLG deixou en cada aula un pequeno paquete de chuches de consolación.





















    O próximo ano terán todos os grupos outra oportunidade de DAR MEDO coa decoración das portas...e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega de celebrar e premiar a creatividade e o traballo de todos e todas.
    


Ningún comentario:

Publicar un comentario