PREMIADAS DÚAS APPS
A EXCELENTE VALORACIÓN DA ACTIVIDADE VÉN CORROBORADA DA MELLOR MANEIRA POSIBLE CON ESTE GALARDÓN PARA O PROFESOR E DOUS DOS GRUPOS.
PARABÉNS A TODOS !!!!
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega organizou para o
alumnado de Tecnoloxía de 1° de bacharelato unha actividade de saída pola
cidade
"Probando a aplicación móbil"
para comprobar o funcionamento e disfrutar das actividades
deseñadas polo alumnado, dentro do proxecto "A cidade da Coruña convértese
no noso taboleiro de xogo".
O alumnado de Tecnoloxía disponible probou as mellores
aplicacións deseñadas polos diferentes grupos, acompañados polo profesor da
materia, Serxio Gómez Recouso, as profesoras do departamento de Lingua galega
Dulce Fernández Graña e Estefanía González Álvarez, e a coordinadora do EDLG M
.Carme Edreira García.
A actividade resultou moi positiva para os distintos grupos.
O EDLG agasallou aos grupos que elaboraron as aplicacións
máis valoradas cunha novela do excelente novelista Domingo Villar, recentemente
falecido.
A aplicación máis valorada foi:
"Club dos famosos mortos",
elaborada por Antía Sardiña García, Paula Díaz López e Sabela
Lozano Rodríguez (1° D).
A segunda foi:
" Crime na Coruña", elaborada por Marta Trabazo
Barros e Simón García Franco (1° E).
Parabéns ao alumnado premiado, en primeiro lugar, e ao resto do alumnado de Tecnoloxía, polos
fantásticos traballos deseñados e realizados.
Coordinadora do EDLG: Carme Edreira.
Ningún comentario:
Publicar un comentario