domingo, 19 de abril de 2020



Senlleiras, de Antía Yáñez






A novela das mulleres que rompen co silencio.
Unha influencer sube unha foto as redes sociais onde aparece unha man pantasm.Xusto unha semana máis tarde,a xove é atopada morta.A partir dese fío técense as vidas de dúas mulleres de diferentes séculos. Mulleres que tiveron que vivir as súas vidas supeditadas ás dos seus maridos,baixo as estrictas normas non escritas que as sinalaban como inferiores.Mulleres que cando intentaron recuperar o unico que lles pertencía  por dereito,a súa vida,viron como até esta lles podía ser arrebatada.Tempos que parecen totalmente diferentes, pero que non o son tanto.

Senlleiras é unha boa novela, especialmente  para comprender os sentimentos de moitas mulleres maltratadas que a pesares de estar nesa situación tan dramática,non denuncian ao seu agresor,por iso creo que é un libro moi recomendable sobre todo para as aulas porque a base do respeto é a educación.
Sheila Souto 2ºF Bacharelato 



Preséntanos dúas historias, ambas magníficas. Unha delas acontece na actualidade e a outra acontece no século pasado. Unha influencer sobe unha foto ás redes sociais onde aparece unha man fantasma. Xusto unha semana máis tarde, a moza é atopada morta. A partir deste fío técense as vidas de varias mulleres de diferentes séculos. Mulleres que tiveron que vivir as súas vidas supeditadas ás dos seus homes, baixo as estritas normas non escritas (ou si) que as sinalaban como inferiores. Mulleres que, cando intentaron recuperar o único que lles pertencía por dereito, a súa vida, viron como ata esta lles podía ser arrebatada.Tempos que semellan totalmente diferentes, pero que non o son tanto. Mulleres senlleiras que merecen ser lembradas. 
...
Eu recomendo ler este libro xa que nos fai ter conciencia sobre o mundo no que habitamos e nos fai pensar en como podemos cambiar e en todo o que temos que loitar as mulleres para que cada día se escoiten menos noticias, máis ven ningunha, de maltrato ou violencia a unha muller. 

Paula Dios, 2º Bach. F


Ningún comentario:

Publicar un comentario