domingo, 19 de abril de 2020



A ARTESA DO EUSEBIO


Unha artesa, tamén denominada maseira, é un recipiente grande de madeira, xeralmente con catro patas e tampa, máis estreito no fondo que por arriba, no que se amasa o pan.


Empregábase para mesturar a fariña, a agua, o sal e o lévedo, para facer a masa que posteriormente se metería no forno para facer pan. O elemento principal no amasado do pan é o lévedo. Obtíñase a partir da masa anterior. Gardábase un pedazo de masa nunha ola e poñíase a carón do lume, daquela esta fermentaba ou facíase. Ó arrefriar gardábase na artesa. Cando chegaba o día de amasar, tarefa fatigosa, ao mediodía ou pola noitiña, a muller quitaba da ola o lévedo, limpa de codia e balor, depositábaa na artesa engadindo auga e fariña, logo amasábase para finalmente ir ó forno.


........................

As masas, que tiñan que levedar, tapábanse cun pano e quedaban na mesma artesa ata o momento de entrar no forno


Despois,  na artesa gardábase o pan e aqueloutros produtos elaborados con fariña, para mantelos frescos e ventilados, e ao resgardo.


Ningún comentario:

Publicar un comentario