FINOU LUZ POZO GARZA
Luz Pozo Garza, nada en Ribadeo o 21 de xullo de 1922 e finou hoxe 20 de abril de 2020.
Importante poeta galega, foi membro da Real Academia Galega dende o 29 de novembro de 1996.
Luz Pozo Garza é, segundo Rosario Álvarez Blanco "unha voz ilustre na nosa poesía desde a publicación do seu primeiro poemario en galego, O paxaro na boca (1952), que inaugurou a colección Xistral. Na súa obra posterior Luz Pozo achega unha poesía inzada de sensualidade e profunda, na cal o amor, a inquedanza existencial, a patria, a liberdade e mesmo a morte se entrecruzan compondo textos de sublime autenticidade e madurez.
Foi premiada coa Medalla Castelao, premio da Crítica de poesía galega e Premio Laxeiro.
Nomeada Filla Predilecta do seu Ribadeo natal en xaneiro de 2020.
Ningún comentario:
Publicar un comentario