mércores, 22 de abril de 2020




Ana Mª Orosa Bermúdez (2º Bach. D)
recomenda:

Memorias dun neno labrego é un libro moi recomendable para adolescentes e pre-adolescentes que comezan a mergullarse na lectura por dous motivos. 
Por un lado, trátase dun libro moi sinxelo e fácil de comprender, sen recursos lingüísticoscomplexos e dunha extensión curta (148 páxinas). 
Por outro lado, esta novela tratatemas históricos como a emigración dos galegos a América Latina en busca dunha vida mellor ou as difíciles situacións que vivía o campesiñado galego no século XX. 

Pero non é só recomendable para os xoves, senón tamén para os maiores. 

Todos deberíamosaprender da nosa historia, e non hai mellor forma para facelo que lendo.





Tamén o recomenda,
 Xoán Gómez, de 2º Bacharelato D


Persoalmente recomendovós esta lectura porque a parte de amosar á perfección o pasado da nosa Terra e as inxustizas que houbo, a novela ten unha linguaxe e estructura sinxela, que fai moi amena a lectura, ainda que a historia sexa dura e desgarradora. Tamén chamame moito a atención o tema principal da novela, que para mín é a conciencia que ten Balbino de que por ser pobre, vai ter que selo toda a vida, o que fai que chegado a un punto, se rebela frente ao fillo dos caciques do seu pobo. En conclusión, é unha obra orixinal, dura e emotiva.


Ningún comentario:

Publicar un comentario