xoves, 30 de abril de 2020

Paula Silvarrey (2º BACH. D) e Daniel Ares (2º BACH. F)


Memorias dun neno labrego



 O día a día dun neno de aldea chamado Balbino é moi diferente ao dun neno da súa idade na cidade. Xosé Neira Vilas relata en Memorias dun neno labrego, obra referente da nosa literatura, a vida no rural dun rapaz con ansias de aprender, de medrar e de coñecer o mundo. A novela, obriga ao lector ou lectora a pescudar nela distintas e valiosas ensinanzas, das cales Balbino saca proveito a través das distintas experiencias que lle tén tocado vivir. A través da escritura, o neno logra entender o significado dos seus sentimentos, e atopa así unha vía de escape destinada ás súas emocións. Balbino constitúe un personaxe memorable, cargado de significado, e constituído de forma idónea para que poda ser asimilado polas diferentes xeracións sen ningún tipo de problema.

....


En definitiva, na miña opinión, este libro é moi recomendable para todos os galegos e galegas, debido a que permite coñecer as condicións de vida e as inxustizas que sufrían os pobres labregos dos ricos señores castelanizados para poder codearse coas altas capas da sociedade, xa que como sempre na nosa terra, o castelán era a lingua de prestixio entre a xente de poder. Coa lectura deste libro tamén podemos entender a necesidade dos fillos destos labregos de emigrar para América e buscar unha vida mellor que na súa aldea de orixe. Por todo o anterior dito, eu invito a todos os galegos e galegas á lectura deste libro para poder coñecer a historia olvidada dos nosos antepasados que tantas penurias pasaron durante varias xeracións que obligaron a moitos deles a emigrar cara América para intentar fuxir desta vida de sufrimento e pobreza.
Paula Sivarrey (2º BACH.D)







Chegamos á conclusión de que estamos a presenciar un relato atemporal, o relato máis veces lido da literatura galega. Cando  unha novela conecta nesta medida co público, é necesario compartilo. Non hai outra novela comparable a Memorias dun neno labrego, e a razón é clara. A novela e o seu protagonista fannos saber que somos importantes, fannos saber o poder que temos sobre as nosas accións e finalmente, déixannos saber que non somos, “como quen di, un  ninguén”.


Daniel Ares (2º BACH. F)













Ningún comentario:

Publicar un comentario