Martín Sáez (2º BACHARELATO F)
recomenda a lectura de
O lapis do carpinteiro, de Manuel Rivas
“O lapis do carpinteiro” é una obra do ano 1998 escrita polo autor coruñés Manuel Rivas. Esta novela é moitas cousas pero principalmente é una historia de amor ocorrida nos tempos da guerra civil española e da posguerra, entre Marisa Mallo, e o doutor Daniel Da Barca, preso polas súas ideas políticas, algo moi común meses anos. A historia é narrada polo garda Herbal, quen xogará un papel fundamental no destino da parella, xa que facendo uso da súa posición axuda ao doutor Da Barca en distintas ocasións, porque secretamente está namorado de Marisa. A pesar diso acaba comprendendo que a parella está realmente namorada e segue o seu propio camiño. A obra reflicte e fai reflexionar a través do argumento sobre moitos dos conflictos sociais e políticos que tiveron lugar na época a consecuencia da ditadura franquista, especialmente a situación dos cárceres e dos presos, que descubrimos a raíz da estancia en prisión do doutor Da Barca.
De modo que si, recomendo esta fermosa obra a calquer persoa que quera lela, e tamén recomendaría agardar ata o final e non xulgar a obra preconcebidamente como fixen eu para poder disfrutar plenamente desta historia sobre o amor.
----------------
Tamén resulta moi interesante a película feita seguindo con moita fidelidade o libro:
Ningún comentario:
Publicar un comentario