Carlota Hidalgo Quinn (2ºD)
recomenda
Cousas, de Castelao
Cousas foi o primeiro libro publicado de Rodríguez Castelao. Consta dunha serie de relatos curtos, especificamente corenta e cinco, onde o tema principal son as actividades socioculturais do pobo galego da época. Un dos temas que soe aparecer con frecuencia, debido á época na que viviu Castelao, é a emigración. Fanse moitas referencias a homes que tiveron que emigrar para ganar cartos para a súa familia.
......
Na niña opinión, Cousas é un libro altamente recomendable. Castelao inventa un xénero completamente innovador para aquele entón, e dunha forma moi persoal. A través das breves narracións consegue expresar a realidade do pobo galego. No primeiro relato fala da paisaxe de Galicia e, na niña opinión, fai unha metáfora cun pintor e cun escritor. O pintor, segundo o narrador, non apreciaba e reflexaba nas súas pinturas a beleza da paisaxe, e por iso el prefería ser escritor.
Ningún comentario:
Publicar un comentario