mércores, 1 de abril de 2020


1 DE ABRIL "DÍA DAS ARTES GALEGAS"




O ARQUITECTO DOMINGO DE ANDRADE HOMENAXEADO POLA REAL ACADEMIA GALEGA DE BELAS ARTES NO “DÍA DAS ARTES GALEGAS” 2020. 01/04/2020

O DÍA DAS ARTES GALEGAS
A Real Academia Galega de Belas Artes  en sesión de 15 de xaneiro de 2015 determinou declarar a xornada de cada 1 de abril como “Día das Artes Galegas”. Elección en lembranza desa mesma data do ano 1188  e da que se deixa constancia en epígrafe baixo os linteis do Pórtico da Gloria, como día no que se colocaron;  mesmo tamén por canto significa o Pórtico da Gloria e o seu autor, o Mestre Mateo na arquitectura, na escultura, na pintura e mesmo na Música.
Até agora os primeiros homenaxeados foron:

  • 2015 Mestre Mateo
  • 2016 Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
  • 2017 Maruja Mallo
  • 2018 Alejandro de la Sota
  • 2019 Luís Seoane
  • 2020. DEDICADO AO ARQUITECTO BARROCO DOMINGO DE ANDRADE
    En sesión ordinaria celebrada o 29 de xuño de 2019 o plenario decidiu elixir a candidatura do arquitecto  barroco Domingo de Andrade para a celebración do Día das Artes Galegas 2020.

CARTEL DÍA DAS ARTES GALEGAS 2020
A Real Academia Galega de Belas Artes presenta o cartel para a celebración do “Día das Artes Galegas” en homenaxe a Domingo de Andrade. Deseño realizado polo académico de número da Sección de Artes da Imaxe, don Xosé Díaz
 


El arquitecto barroco Domingo de Andrade, homenajeado en el Día ...

Arias de Castro a partir do retrato de Domingo de  que se atopa na facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela, obra do pintor e académico Felipe Criado (1928-2013), quen fora membro numerario da Sección de Pintura e Gravado desta Institución e profesor de Debuxo no Eusebio da Guarda ao longo de moitos anos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario