mércores, 1 de abril de 2020


31/03/2020

Faleceu Xosé Luís Franco Grande

El mundo de la cultura llora la pérdida de Franco Grande ...

Xosé Luís Franco Grande: o señor das palabras amadasA cultura galega perde a Xosé Luís Franco Grande, poeta, ensaísta e lúcido intelectual, autor dun dicionario no que varias xeracións aprenderon a usar e querer a lingua

«Digo maceira, rola, ponte ou fonte / e estas palabras van tecendo o mundo; / eu ben sei cando as digo / que o mundo xorde entón, nacido delas». 
Ninguén mellor que Xosé Luís Franco Grande, falecido aos 84 anos, para entender esa relación íntima coas palabras, o adobe co que modelamos a lingua e, por extensión, o mundo que habitamos. Sabíao en calidade de poeta, como testemuñan os citados versos de Logos —un canto á palabra amada, como certeiramente escribiu Xesús Alonso Montero—, e tamén como autor do referencial Dicionario galego-castelán e vocabulario castelán galego, no que varias xeracións aprenderon —e aínda aprenden— a coñecer o idioma e a querelo: unha obra de consulta, pero tamén, no seu contexto, unha ferramenta galeguizadora e, ao cabo, da propia estima. Como poeta entregou libros tan senlleiros como Entre o si e o non, ademais de títulos como Brétemas do vieiro e Xoguetes do tempo.

En:https://www.lavozdegalicia.es/noticia/cultura/2020/03/30/span-langglxose-luis-franco-grandespan/00031585574539463589920.htm#

Ningún comentario:

Publicar un comentario