xoves, 16 de abril de 2020
MIL PRIMAVERAS MÁIS
eu recoméndoche ler..
Os libros son ventás abertas a outros mundos, outras épocas e outras historias.
Poucas veces foi tan necesario abrir ventás e deixar entrar o mundo exterior.
Neste tempo de pausa obrigada polo confinamento, unha boa recomendación de lectura é un agasallo que se pode facer a outros.
Calquera membro da nosa comunidade educativa poder ofrecer o seu agasallo a través destoutra ventá, enviándoos a aartesadoeusebio@gmail.com
mércores, 15 de abril de 2020
A celebración do Día das Letras trasládase ao 31 de outubro
A Real Academia Galega decidiu pospoñer o pleno desa data, o acto central das homenaxes a Carvalho Calero, pola incerteza provocada polo coronavirus

O Día das Letras Galegas, que tradicionalmente se celebra cada 17 de maio, será este ano o 31 de outubro. Así o vén de comunicar este mércores a Real Academia, que decidiu pospoñer o pleno que tiña previsto celebrar no teatro Joffre de Ferrol como acto central das homenaxes a Ricardo Carvalho Calero debido á incerteza provocada pola pandemia do coronavirus. A nova data, 31 de outubro, coincide cos 110 anos do nacemento do intelectual e escritor ferrolán.
mércores, 1 de abril de 2020
O ARQUITECTO DOMINGO DE ANDRADE HOMENAXEADO POLA REAL ACADEMIA GALEGA DE BELAS ARTES NO “DÍA DAS ARTES GALEGAS” 2020. 01/04/2020
O DÍA DAS ARTES GALEGAS
A Real Academia Galega de Belas Artes en sesión de 15 de xaneiro de 2015 determinou declarar a xornada de cada 1 de abril como “Día das Artes Galegas”. Elección en lembranza desa mesma data do ano 1188 e da que se deixa constancia en epígrafe baixo os linteis do Pórtico da Gloria, como día no que se colocaron; mesmo tamén por canto significa o Pórtico da Gloria e o seu autor, o Mestre Mateo na arquitectura, na escultura, na pintura e mesmo na Música.
Até agora os primeiros homenaxeados foron:
1 DE ABRIL "DÍA DAS ARTES GALEGAS"
O ARQUITECTO DOMINGO DE ANDRADE HOMENAXEADO POLA REAL ACADEMIA GALEGA DE BELAS ARTES NO “DÍA DAS ARTES GALEGAS” 2020. 01/04/2020
O DÍA DAS ARTES GALEGAS
A Real Academia Galega de Belas Artes en sesión de 15 de xaneiro de 2015 determinou declarar a xornada de cada 1 de abril como “Día das Artes Galegas”. Elección en lembranza desa mesma data do ano 1188 e da que se deixa constancia en epígrafe baixo os linteis do Pórtico da Gloria, como día no que se colocaron; mesmo tamén por canto significa o Pórtico da Gloria e o seu autor, o Mestre Mateo na arquitectura, na escultura, na pintura e mesmo na Música.
Até agora os primeiros homenaxeados foron:
- 2015 Mestre Mateo
- 2016 Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
- 2017 Maruja Mallo
- 2018 Alejandro de la Sota
- 2019 Luís Seoane
- 2020. DEDICADO AO ARQUITECTO BARROCO DOMINGO DE ANDRADE
En sesión ordinaria celebrada o 29 de xuño de 2019 o plenario decidiu elixir a candidatura do arquitecto barroco Domingo de Andrade para a celebración do Día das Artes Galegas 2020.
CARTEL DÍA DAS ARTES GALEGAS 2020
A Real Academia Galega de Belas Artes presenta o cartel para a celebración do “Día das Artes Galegas” en homenaxe a Domingo de Andrade. Deseño realizado polo académico de número da Sección de Artes da Imaxe, don Xosé Díaz
A Real Academia Galega de Belas Artes presenta o cartel para a celebración do “Día das Artes Galegas” en homenaxe a Domingo de Andrade. Deseño realizado polo académico de número da Sección de Artes da Imaxe, don Xosé Díaz
Arias de Castro a partir do retrato de Domingo de que se atopa na facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela, obra do pintor e académico Felipe Criado (1928-2013), quen fora membro numerario da Sección de Pintura e Gravado desta Institución e profesor de Debuxo no Eusebio da Guarda ao longo de moitos anos.
31/03/2020
Faleceu Xosé Luís Franco Grande
Xosé Luís Franco Grande: o señor das palabras amadasA cultura galega perde a Xosé Luís Franco Grande, poeta, ensaísta e lúcido intelectual, autor dun dicionario no que varias xeracións aprenderon a usar e querer a lingua
«Digo maceira, rola, ponte ou fonte / e estas palabras van tecendo o mundo; / eu ben sei cando as digo / que o mundo xorde entón, nacido delas».Ninguén mellor que Xosé Luís Franco Grande, falecido aos 84 anos, para entender esa relación íntima coas palabras, o adobe co que modelamos a lingua e, por extensión, o mundo que habitamos. Sabíao en calidade de poeta, como testemuñan os citados versos de Logos —un canto á palabra amada, como certeiramente escribiu Xesús Alonso Montero—, e tamén como autor do referencial Dicionario galego-castelán e vocabulario castelán galego, no que varias xeracións aprenderon —e aínda aprenden— a coñecer o idioma e a querelo: unha obra de consulta, pero tamén, no seu contexto, unha ferramenta galeguizadora e, ao cabo, da propia estima. Como poeta entregou libros tan senlleiros como Entre o si e o non, ademais de títulos como Brétemas do vieiro e Xoguetes do tempo.
En:https://www.lavozdegalicia.es/noticia/cultura/2020/03/30/span-langglxose-luis-franco-grandespan/00031585574539463589920.htm#
CORRELINGUA 2020
SUSPENSIÓN FESTA FINAL 15 DE MAIO
A organización comunicou a suspensión das festas finais do Correlingua 2020, entre elas a da Coruña, o vindeiro 15 de maio, para a que estaban inscritos alumnos e alumnas de 3º de ESO do noso centro.
Consideran a posibilidade de organizar algunhas actividades alternativas, de ser posíbel.
............
A realidade excepcional que nos está tocando vivir fai necesario adiar moitas actividades. O máis importante é que tod@s poidamos recuperar a nosa vida normal canto antes.
Ánimo e saúde a toda a comunidade educactiva.
EDLG.
venres, 13 de marzo de 2020
PROGRAMA VISITAS E SAÍDAS "COÑECER GALICIA"
2º ESO. LUGO, CIDADE CASTREXA E CIDADE ROMANA
A visita a Lugo para o alumnado de 2º de ESO programada para o luns 16 de marzode 2020 foi adiada polas circunstancias excepcionais do confinamento pola crise sanitaria do coronavirus.
Agardamos poder levala a cabo en datas non moi lonxanas.
(Evidentemente, as aportacións do alumnado para aboar o custo dos transporte serán devoltas, en caso contrario).
luns, 9 de marzo de 2020
PROGRAMA VISITAS E SAÍDAS "COÑECER GALICIA"
1º ESO. RUTA COSTA DA MORTE
Repetindo a exitosa experiencia do curso anterior con grupos de 1º de ESO, este curso o luns 9 de marzo os grupos de 1º visitaron os escenarios do libro de lectura "Volverás golfiño" da escritora coruñesa Andrea Maceiras, que nos visitou para explicar a súa obra o pasado luns 2 de marzo (como aparece en entrada anterior deste blog).
Eses escenarios da Costa da Morte, recreados na obra, e a historia real e a ficticia narrada na novela, son dun grande valor en moitos aspectos distintos e deben ser coñecidos e valorados como tal polo alumnado.
Ademáis, este curso introducimos unha variación para acercar ao alumnado ao coñecemento da zona, con parada nos Muíños e Batáns do Mosquetín, na beira do río Grande. O enorme valor etnográfico desta visita supón un acercamento á historia pasada non tan lonxana do noso país.
Aínda que, como no ano anterior, a parada para a comida na praia de Ariño, no marabilloso entorno natural e nas cómodas instalacións da mesma, supón un dos momentos da visita que o noso alumnado máis valora e recorda.
Agradecemos a enorme colaboración do profesorado titor e acompañante á actividade, especialmente á coordinadora de ESO Mª Jesús Quintás e ao profesor-guía Antonio Fondo, do departamento de Relixión Católica.
luns, 2 de marzo de 2020
VISITA ESCRITORA ANDREA MACEIRAS.
LUNS 2 DE MARZO.
O departamento de Lingua galega e Literatura invitou á escritora Andrea Maceiras a visitar o nos centro e falar acerca das súas obras.
A tarde do luns 2 de marzo, ao longo de dúas sesións, falou de dúas das súas obras que figuran como libros de lectura obrigatorios para os grupos de 1º de ESO, Volverás golfiño, e 3º de ESO, Europa Express.
Interés especial para o alumndo de 1º de ESO que o vindeiro luns 9 de marzo ten programada polo departamento de EDLG a visita aos escenarios da primeira das obras.
A xove escritora coruñesa, que é tamén profesora de lingua de secundaria, explicou algúns aspectos de moito interese de ambas obras e atendeu ás preguntas que o alumnado lle presentou.
Tamén adicou e asinou a cant@s quixeron a súa obra.
Tamén adicou e asinou a cant@s quixeron a súa obra.
Ao tempo, a coordinadora do EDLG, que tivo a sorte de lle dar clase cando era alumna de ESO e Bacharelato, aproveita para animar a aqueles alumnos e alumnas con inquietude e interese pola creación literaria a que continúen cos seus esforzos, porque talento e traballo unidos dan froito.
Así o demostra o caso de Andrea, entre outros.
venres, 21 de febreiro de 2020
ENTROIDO 2020
E volveu o Entroido!!!!!
Como o celebramos?
Con:
- Disfraces.
- Festival.
- Lambetadas.
O alumnado de ESO organizou en cada clase un grupo e unha pequena actuación para o festival. Algúns con canción propia para esta ocasión...
Na Aula Picasso, como é habitual, desfilaron, presentados e animados pola profesora Noemí , un tras outro e ofreceron ao resto dos seus compañeiros a festiva actuación que, baixo a coordinación e ás veces inspiración dos sacrificados titores e titoras, nos levou a cantar e bailar e aplaudir...
Os grupos que recibiron os premios deste ano foron:
A) Categoría 1º e 2º ESO: 1ºA e 2º B
B) Categoría 3º e 4º ESO: 3ºD e 4º C
Tamén houbo o concurso de lambetadas, e os premios recaeron en:
1º premio: Carlota López Entrambasaguas.- 1º ESO A
Tamén foron premiados:
Nicolás John Barlow Zas.- 2º B
Carla López Riveros.- 2º ESO B
Ainara Suárez Ochoa.- 1º ESO C
Pablo Ymia Fernández e Ramón Sarmiento Fernandes.- 4º ESO A
Iria Sánchez Losada.- 3º ESO D
xoves, 30 de xaneiro de 2020
70 ANIVERSARIO PASAMENTO CASTELAO
Con motivo do 70 aniversario do pasamento do xenial debuxante e escritor Afonso Daniel Rodríguez Castelao, o Departamento de Lingua e Literatura Galega, en colaboración co EDLG, levou a cabo unha exposición de materiais relacionados coa figura do insigne persoeiro.
A exposición dos materiais, como se pode observar nos documentos gráficos, recolle tanto a súa importantísima obra gráfica, como referencias á súa vida e importancia no ámbito social, cultural e político na súa época.
Moitos dos documentos que aparecen na exposición proceden de aportacións do profesorado do departamento e algúns dos propios fondos do centro.
Outra parte dos traballos expostos en relación coa figura de Castelao son os elaborados polo alumnado de 2º de ESO, baixo a dirección do profesorado do departamento.
Profesorado, alumnado, visitantes e resto do persoal desfrutan desde fins de xaneiro dos magníficos debuxos cos que Castelao explica os difíciles anos que se vivían na Galicia do momento, testemuña e denuncia de diferentes situacións nas que os máis débiles e non tiñan outra voz.
Tamén, de prensa da época, coas noticias encol da figura de Castelao...incluso a referencia ao seu pasamento en Bos Aires, carteis, libros, ...
Información acerca da súa figura e mostras da súa arte suscitan a atención detida de tod@s nós.
Castelao: unha figura que segue a ser un facho aceso para a nosa cultura.
venres, 20 de decembro de 2019
martes, 17 de decembro de 2019
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



























