PREMIOS DE MENSAXES SOLIDARIAS 2020
O APALPADOR
Hoxe, derradeiro día deste trimestre, a directora entrego os premios solidarios O APALPADOR a aqueles alumnos e alumnas que presentaron as mensaxes de ánimo e solidariedade máis destacadas dentro do Certame convocado polo EDLG do centro, a xuízo do xurado e despois de longas deliberacións.
As cinco mensaxes de postais de Nadal premiadas corresponden aos seguintes participantes: Inés Losada ( 2° ESO A), Ha Nul Kim ( 3° ESO C), Alba García Sevilla (2° ESO D) e Claralissa Alccancadori e Daniel Urdaneta (ambos de 2° ESO V).
A xuízo do xurado mereceu un premio especial a postal presentada por Sofía Martínez (3° ESO A).
Parabéns a todos e todas.
Igualmente, agradecemento á grande cantidade de alumnado participante, en nome do Apalpador.
No nome do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Eusebio da Guarda:
Bo Nadal a toda a comunidade educativa !!!!
Deica o ano novo 2021.
Que nos traia saúde, paz, benestar, ....todo aquilo que pedimos nas mensaxes ao noso Apalpador.
Estas foron as postais que recibiron premio, un pequeno agasallo solidario do Apalpador:
Máis de cen alumnos e alumnas da quenda de mañá e tarde quixeron compartir os seus desexos e ánimos para o vindeiro ano con tod@s, e tamén profesorado, persoal non docente....
Aquí vai o panel a medio encher:
Grazas, novamente pola colaboración e FELIZ 2021.
Ningún comentario:
Publicar un comentario