O APALPADOR , NO EUSEBIO DA GUARDA
Hoxe, venres 18, o APALPADOR chegou ao noso centro.
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega, convocou neste ano tan especialmente difícil para moitos, unha recollida de mensaxes de ánimo para compartir co resto da Comunidade Educativa, no seu nome, e coa especial colaboración do Departamento de Lingua galega e Literatura.
O EDLG quere agradecer a gran participación do alumnad, profesorado e resto de persoal docente.
O Apalpador trouxo con el unha cesta chea de froitas frescas da súa humilde horta e tamén uns caramelos para nenos e maiores que participaron nesta xornada festiva e solidaria.
Atendendo á solicitude de moitos e moitas que querían ofrecer tamén as súas mensaxes, o Apalpador permanecerá ata o martes no noso centro, sentado fronte á Sala de Profesorado deste curso.
Entre luns e martes as mensaxes serán expostas ao longo das paredes dos corredores, cumprindo os protocolos anti- Covid 19.
O martes 22 de decembro o Apalpador deixaranos para partir cara outras terras a levar a súa mensaxe de esperanza e os seus humildes agasallos,
O APALPADOR desexa a toda a Comunidade Educativa un MOI BO NADAL e UN MELLOR ANO 2021.
Ningún comentario:
Publicar un comentario