SAN XOÁN
Cando o mes de xuño chega case ao fin, unha grandísima festa tradicional e popular con el: acelebración do San Xoán.Cacharelas, sardiñas, ...e outros ritos que a acompañan.
Este curso no Eusebio traballamos sobre os diferentes ritos e centrámonos nas Herbas de San Xoán,sete, diferentes nos distintos lugares de Galicia, máxicas todas elas baixo a luz do luar, imprescindiblespara a renovación de corpo e alma e para alonxar os espíritus desfavorables.Dous grupos de 1° de ESO traballaron para informarse e informar aos outros das tradicións que non sedeben perder. E colaboraron tamén elaborando uns pequenos camiños de herbas purificadoras paraofrecer a profesorado, persoal non docente e compañeiros e compañeiras.
O EDLG preparou unhas folliñas informativas da celebración e dos ritos, a prol de espallar ocoñecemento dos mesmos.
Cacharelas, sardiñas, ...e outros ritos que a acompañan.
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega organizou unha actividade para a fin deste curso 2021-2022 en relación coa tradicional festa do San Xoán, tan arraigada na nosa cidade.
A actividade constou dunha exposición de traballos do alumnado de 1º ESO A e E encol dos diferentes ritos que se levan a cabo na noite de San Xoán. Complementaron a exposición "As ste herbas de San Xoán", preparada pola coordinadora do Equipo, nas cortizas dos corredores do edificio histórico, para información, defrute e ambientación para toda a comunidade educativa do centro.
Ademais, o derradeiro día lectivo do curso, o alumnado destes grupos elaborou uns ramos de Sete Herbas para ofrecer ao persoal do centro, dirección, orientación, conserxería, persoal de limpeza, profesorado,...
Repartiron, asimesmo, polas aulas os folletos coa información sobre a máxica noite, elaborados polo Equipo como parte da actividade.
Sorte e feliz noite de San Xoán a toda a comunidade educativa do Eusebio da Guarda.