martes, 22 de febreiro de 2022






11 FEBREIRO

DÍA DA MULLER NA CIENCIA 2022


EXPOSICIÓN ORGANIZADA POLO DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA (Profesor : D. Manuel Varela, membro do EDLG) co gallo do Día da Muller na Ciencia 2022, coa finalidade de visibilizar os nomes e os logros de mulleres científicas, que comparten o patronímico coas alumnas.

Asimemsmo, ponse de relevo as diferenzas en razón do xénero entre homes e mulleres que adican e adicaron  a súa vida á ciencia.

















 

luns, 21 de febreiro de 2022


 

EXPOSICIÓN POEMAS SAN VALENTÍN COMPLETO

Alumnas e alumnos de 1ª ESO A e 1º ESO E aportaron os seus poemas con ilustracións e incluso ilustracións son lema para celebrar esta festa do amor EN GALEGO, aceptando a invitación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do centro.









                        Moitísimos alumnos e alumnas, profesorado e persoal non docente se asomaron aos         versos expostos na cortiza grande do edificio histórico, desfrutando e comentando o talento das             composicións expostas.







                                        Grazas a tod@s pola colaboración!!!!

venres, 18 de febreiro de 2022

martes, 15 de febreiro de 2022

 

MÚSICAS GALEGAS E MÚSICOS GALEGOS


OUTRA DE TANXUGUEIRAS

TANXUGUEIRAS & RAYDEN






UNHA ACTUACIÓN ANTERIOR QUE INCLÚE O GRANDE ÉXITO DO PRIMEIRO DISCO DO GRUPO EN 2019: "QUE NON MO NEGUEN", un  alegato de sororidade.


 MÚSICA GALEGA  

MÚSICOS GALEGOS



             No noso país hai talento a moreas.
                  O traballo arreo é un dos nosos signos de identidade.
           Cada semana propoñeremos músicos e músicas para que poidamos/poidades descubrir, coñecer ...  e  escoller ...
E gustar. 
            
            Quenqueira poder enviar as súas suxestións e recomendacións ao blog:

    aartesadoeusebio@gmail.com






Aquí deixo unha recomendación dun membro do noso  EDLG.

DIEGO CASTRO, en solitario, co tema Perder

Paga moito a pena escoitar este tema.
Disfrutádeo.

Presentación do primeiro proxecto como solista de Diego Castro, músico que despois de vintecinco anos como profesional en infinidade de grupos e múltiples estilos nos mostra este tema que fala de xente común que decide loitar polos demais.



 

xoves, 10 de febreiro de 2022


14 DE FEBREIRO 💓 SAN VALENTÍN






O GALEGO,

 LINGUA DE AMOR

💓💓💓💓💓💓💓💓💓💓💓


            Xa na Idade Media, os trobadores da Península e outros reinos do sul de Europa elixiron o galego como lingua dos seus poemas de amor: as cantigas de amor, se era o home quen amaba sen esperanza a unha dama, e as cantigas de amigo, cando eran as rapazas as que sufrían ou gozaban co amor dos seus amigos...

                                        
                                    




Bernal de Bonaval "A dona que eu amo" - Bing video














 Ai flores, ai flores do verde pino,
se sabedes novas do meu amigo?
Ai Deus, e u é?
Ai flores, ai flores do verde ramo,
se sabedes novas do meu amado?
Ai Deus, e u é?
Se sabedes novas do meu amigo,
aquel que mentiu do que pôs con migo?
Ai Deus, e u é?
Se sabedes novas do meu amado,
aquel que mentiu do que mi á jurado?
Ai Deus, e u é?
 Vós me preguntades polo voss’amigo,
e eu ben vos digo que é san’e vivo.
 Ai Deus, e u é?
 Vós me preguntades polo voss’amado,
e eu ben vos digo que é viv’e sano.
 Ai Deus, e u é?
 E eu ben vos digo que é san’e vivo,
e seera vosc’ant’o prazo saido.
 Ai Deus, e u é?
 E eu ben vos digo que é viv’e sano,
e se[e]ra vosc’ant’o prazo passado.
 Ai Deus, e u é?












































           Ata hoxe, O GALEGO FOI E É LINGUA DO AMOR

            Milleiros de exemplos poderían  aparecer aquí-


            Porén, invitamos aos membros da comunidade educativa do Eusebio a que presenten os seus poemas de amor na semana da 14 de febreiro.

            Formrán parte dunha exposición nas cortizas o EDLG do primeiro andar do edificio histórico.

            A final de semana presentaremos aquí algúns exemplos de bo facer de alumnos e alumnas e de calquera outro/a. do noso centro.


            Tamén poden enviarse a: aartesadoeusebio@gmail.com


            Feliz San Valentín e moito amor a tod💓s.








luns, 7 de febreiro de 2022

 O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA 
CONVOCA
EXPOSICIÓN DE POEMAS
DE AMOR
CO GALLO DE SAN VALENTÍN 

2022





domingo, 30 de xaneiro de 2022

 

                                                                                                        TANXUGUEIRAS
                                 Terra



                     .....non hai fronteiras...





                              As fronteiras son como as meigas
                                    non queremos crer nelas, 
                                    

                                    pero...


                                    HABELAS, HAINAS.

             


                      TANXUGUEIRAS


                                  Terra

                            

Ailara-lalá
Ailara-lala
Ailara-lala
Ailara-lalala

Ailara-lalaa
Ailara-lalaa
Ailara-lala

Esta noite hai foliada
Esta noite hai serán
Agárdoche no terreiro

Compañeiriña leal
Compañeiriña leal
Compañeiriña leal
Esta noite hai foliada

Para cantar veño eu
Coa pandeireta na man
Aturuxa canda min
Que nos escoiten berrar
Que nos escoiten berrar
Que nos escoiten berrar
Coa pandeireta na man

Ailara-lalá
Ailara-lala
Ailara-lala
Ailara-lalala

Ailaralala
Ailaralalaa
Ailaralala
Non hai fronteiras

Canta ti, cantarei eu
Co xeito das nosas nais
Festexaremos a vida

Da xente que está a bailar
Da xente que está a bailar
Da xente que está a bailar
Co xeito das nosas mans

Ailara-lalá
Ailaral-ala
Ailara-lala
Ailara-lalala

Ailara-lalaa
Ailara-lala
Ailara-lala
Ez dago mugarik

Ailara-lalá
Ailara-lalaa
Ailara-lala
Ailara-lalala

Ailara-lala
Ailara-lala
Ailara-lala
No hi ha fronteres

Aí veñen, Aí veñen
Veñen pra quedar
Esas bravas gorxas

De fondo cantar
De fondo cantar
De fondo cantar
Aí veñen, Aí veñen

Veñen pra quedar

Veñen pra quedar
Veñen pra quedar
Veñen pra quedar

Veñen pra quedar
Veñen pra quedar
Veñen pra quedar

Pra quedar, pra quedar

Veñen pra quedar
Veñen pra quedar
Veñen pra quedar

Ailara-lalá
Ailara-lalaa
Ailara-lala
Ailara-lalala

Ailara-lalaa
Ailara-lalaa
Ailara-lalaa
Nun hai fronteres

Ailara-lalá
Ailara-lalaa
Ailara-lala
Ailara-lalala

Ailara-lalaa
Ailara-lalaa
Ailara-lalaa
No hay fronteras

Escucha TERRA
 
Compuesta por: Tanxugueiras
                                                                

sábado, 29 de xaneiro de 2022

         

            TANXUGUEIRAS 

        NA FINAL DO BENIDORM FEST

                            

 

mércores, 26 de xaneiro de 2022

                

                     TANXUGUEIRAS 

                            PARA 

                    EUROVISIÓN!!!!







mércores, 22 de decembro de 2021

O APALPADOR VOLVE AO EUSEBIO DA GUARDA

                             NADAL 2021
               O APALPADOR VOLVE AO EUSEBIO


----------------------------------------------------------------------------      



DECEMBRO 2021 


 


 

 

VOLVE O APALPADOR AO EUSEBIO!!!!!!
 

 

IMOS AGASALLALO CUNS VERSIÑOS QUE CONTEÑAN O SEU NOME....AO XEITO DOS TRADICIONAIS..

 

--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

 

O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA CONVOCA O CERTAME: 

OS VERSOS DO APALPADOR

 

PARTICIPA!!!!!!

 BASES:

- Dirixido a: alumnado de ESO.

- Pequeno poema que conteña o nome do Apalpador.

- Tema: o Nadal.

- Lingua: GALEGO.

- Extensión mínima: 6 versos. Extensión máxima: 15 versos.

- Presentación: Tamaño folio (A4). Folio ou cartolina.

- Poden ir complementados con debuxos, pinturas,....

- Nome e curso no fondo da folla, por diante.

- Data de entrega: luns 20 de decembro. No 1º recreo.



           
   

                                 E CHEGOU AO EUSEBIO:





                        Os versos que lle adicaron rapaces e rapazas:





    O xurado, composto por profesorado e alumnado ditou o seu veredito:


                                            1º PREMIO: AROA ROMERO PAZ, 1º ESO E
                                            2º PREMIO: NICOLÁS ALONSO ÁLVAREZ, 1º ESO A
                                            3º PREMIO: UXÍA GONZÁLEZ VÁZQUEZ, 1º ESO E
                                            4º PREMIO: ALEJANDRA VÁZQUEZ SUÁREZ, 1º ESO E





Coa entrega dos premios, por parte da directora do centro, dona Isabel Ruso, e a coordinadora do EDLG, deuse por cerrada a actividade.




  O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Eusebio da Guarda desexa

FELIZ NADAL 2021 A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA DO EUSEBIO DA GUARDA!

         .........................................E VENTUROSO ANO 2022!!!!!

                                ATA O PRÓXIMO ANO...................................