XELA ARIAS
LETRAS GALEGAS 2021
Tigres coma cabalos (1990)
Tigres coma cabalos (1990) é o segundo poemario da autora. Nesta obra a fotografía impera tanto como a palabra. Imaxe e voz harmonizan da forma máis natural. Son 48 fotos en branco e negro, de Xulio Gil; e 48 poemas, de Xela Arias. Así explican os autores o espíritu desta obras no prólogo:
Fotógrafo e poeta propuxéronse facer cada quen 24 orixinais en cadanseu medio e en cadansúa respectiva soidade. Logo veu o intercambio e cada un deles traballou 24 novas creacións sobre os orixinais do outro. Iso foi o modo. Agora non lles interesa fixárense en qué foi feito antes e cal mellor resolto. Aquí ofrécenvo-los resultados nunha orde que nada ten que ver coas cronoloxías, e , en canto á proposta,con que atopasedes algo na unión dos dous medios, e dos dous sentidos -mesmo na distancia- e con que tamén vos despreocupase o cómo e quedasedes co qué e porqué. En todo caso, aí quedan. Nin pés de foto, nin ilustracións ó texto. Se tal, a historia.
Na poesía de Tigres coma cabalos destaca unha evolución estilística, na que a autora presta maior atención á forma, cunha estrutura menos arbitraria da sintaxe e un uso máis ortodoxo dos signos de puntuación.
Un gracioso espertar que te aproxima
ós deuses.
Un caido, outras mans que quentan
alleas dores e propias mensaxes
de posibles
percorridos na estación dos anxos
https://www.youtube.com/watch?v=LxMF7Cov0kg
https://www.youtube.com/watch?v=0pFzPxS6A5I
Ningún comentario:
Publicar un comentario