Iago Jopia (2º BACH.D)
recomenda
Corredores de sombra,
de Agustín Fernández Paz
A historia xira en torno ao descubrimento dun cadáver con evidencias de asasinato en tempos da Guerra Civil no pazo dos Soutelo, familia con raíces na antiga nobreza galega que aínda conserva o respeto e trato que tivera nos séculos anteriores. Sorprendemente para Clara, a súa prestixiosa familia non só lle resta importancia ao acontecemento, senón que ademáis trata de ocultar o suceso aos medios exteriores nunha maniobra liderada polo seu pai, buscando non ensuciar o seu ilustre apelido. Isto vai levar a Clara a investigar pola súa conta o asasinato, e o que comeza como un simple pasatempos pronto se converte nunha experiencia de vida para a protagonista, tanto no bó coma no malo, ao encontrar o primeiro amor, destapar segredos familiares e desenterrar traicións e falsas amizades tanto no pasado coma no presente.
Deixo máis que recomendada a lectura desta novela que explora desde outra perspectiva a guerra civil española e as consecuencias que tivo e segue tendo no rural galego, eliminando prexuízos e aprensións á vez que nos presenta valores universais, e que conta, por medio dos nosos antepasados, a historia dunha Galicia que puido ser e que non foi.
Ningún comentario:
Publicar un comentario