"UNIVERSO CORUÑENTO" DE XURXO SOUTO. ÁGORA.
O mércores 13 de novembro de 2019, ao abeiro das actividades ofertadas polo Concello da Coruña para o alumnado de secundaria do presente curso escolar 2019-2020, departamento de Normalización Lingüística, asistimos ao Auditorio do Centro Ágora, para participar no espectáculo "UNIVERSO CORUÑENTO", DE XURXO SOUTO.
As catro clases de 4º de ESO acudiron, acompañadas de seis profesores, ao espectáculo de imaxes, palabra e música, no que o cantante, escritor, profesor, divulgador...e moitas máis cousas, Xurxo Souto nos fixo reflexionar acerca do noso coñecemento da nosa cidade, proporcionándonos algúns datos e historias descoñecidos por moitos ,e outros pola case totalidade dos asistentes participantes.
Compartimos con outros institutos de secundaria a experiencia, e tras aprender e cantar e berrar, regresamos ao centro sen novidade (e sen mollarnos), e coa conciencia de que nos faltan por coñecer moitas historias do noso entorno máis cercano, e que moitos nomes antigos vencellados a diferentes lugares da cidade están en perigo de desaparición e, con eles, a nosa historia, que é unha parte importante do que somos hoxe: CORUÑESES /CORUÑENTOS.
Tamén a unidade didáctica da actividade, de grande interese.
Ningún comentario:
Publicar un comentario