RUTA PONDALIANA
SUMARIO
- Dolmen de Dombate.
- Castro de Borneiro.
- Ofrenda floral ao bardo en Ponteceso.
- Ruta Pondaliana O Val Nativo.
- Praia de Balarés.
Dentro das saídas complementarias organizadas polo Equipo de
Dinamización da Lingua galega do IESP Eusebio da Guarda, en
colaboración con outros departamentos didácticos, especialmente co
departamento de Lingua galega e literatura, o departamento de
Xeografía e Historia e o departamento de Bioloxía e Xeoloxía, o
luns 29 de abril tivo lugar a saída a Ponteceso, localidade natal do
excelso poeta galego Eduardo Pondal, autor da letra do Himno galego.
Acompañados por profesorado dos departamentos citados, alumnado
dos cursos de 1º de bacharelato, visitou o dolmen de Dombate e o
castro de Borneiro, guiados polo historiador don Ángel Eiroa, a quen
agradecemos a súa inestimable colaboración, que explicou amena e
pormenorizadamente os importantes restos do noso pasado, tan
vinculados á poesía de Pondal.
Posteriormente, tras facer unha ofrenda floral no Monolito adicado
ao poeta na Praza do recheo de Ponteceso, así como unha lectura de
poemas por parte do alumnado e a interpretación do Himno
galego, alumnado e profesorado recorreu a ruta pondaliana O Val
Nativo, parando a ler os poemas en cada un dos monolitos
conmemorativos.
Ademais de disfrutar da natureza que inspirou ao poeta e observar
as aves dende un miradoiro á beira do río Anllóns, tras o xantar
na vila natal de Pondal, a viaxe continuou coa visita á praia de
Balarés e disfrute do marabilloso entorno natural que inspirou ao
poeta.
Ningún comentario:
Publicar un comentario