OS MAIOS
A Festa dos maios é a festa da primaveira, ben sexa da súa chegada, ben do seu trunfo. Siñifica o reverdecer das prantas, o comezo do ano agrícola, a ledicia de ver erguerse o sol por riba do hourizonte e coller altura e forza (Vicente Risco)
As orixes da festa remóntanse ás antigas civilizacións prerromanas, como a celta. A festividade celta de Beltane marcaba o inicio do verán pastoral cando os rabaños de gando eran levados cara aos pastos de verán e as terras de pasto das montañas. De aí a adoración dos fenómenos terrenais: terra, mar e aire. Unha das principais actividades da festividade consistía en acender fachos nas montañas e outeiros con rituais e significados políticos[2]. A tradición estivo presente en Roma, entre o culto a multitude de deuses. Os romanos tamén asimilaron esta tradición mayumea en honra da chegada da primavera e das primeiras flores do ano, o día que corresponde co actual primeiro de maio. E todo poboado romano tiña ademais dos deuses oficiais os propios autóctonos. En Hispania adorábase a deusa Bona Dea [3], que non era outra que a deusa da fertilidade Maia ou Fauna na mitoloxía romana, coa que se celebraba a chegada da primavera nunhas festas que recibían o nome de Floralia. Seguramente esta tradición sufriu variacións coa chegada da civilización árabe aos campos de Castela, como a manifestación en cantos ou rondas á persoa amada. Finalmente, o cristianismo asimilou multitude de festas pagás profesadas con anterioridade á súa implantación en festas relixiosas, sendo este un claro exemplo: a maioría destas pasaron a ser festas en honra á Virxe María.
En Galicia vén celebrándose habitualmente o 1º de maio, se ben en Ourense fano o día 3, día da Santa Cruz [4], que na tradición cristiá representa a árbore da que nos veñen a vida, a saúde e a resurrección, segundo di o introito á celebración da misa nese día.
A festa consiste en realizar diversas representacións ao redor dunha árbore ou escultura, chamada maio. Grupos de xente cantan coplas populares (que tamén reciben a denominación de maios), ás veces dialogadas, mentres camiñan arredor da escultura, acompañados da percusión de dous paus. Era habitual pedir aos asistentes un aguinaldo que, por Lugo e Ourense, adoitaba consistir nunha presada de castañas maiolas (castañas secas), noces ou abelás, substituído hoxe por diñeiro.
É costume facer competicións, premiando as mellores esculturas e as As figuras que protagonizaban a festa, os maios, permiten clasificalos en:
- Maios figurados: unha figura en forma de cono -modelo máis tradicional- ou de calquera outra forma (maios artísticos). Dentro deste grupo incluiríase a árbore de maio.
- Maios humanos: unha persoa -neno ou adulto- cuberto de pólas, follas, flores etc.
Había dous tipos de cantigas para cantar ó redor dos maios. Son raras (só sobreviven en Portomarín e Lourenzá) as composicións tradicionais, que se aprenden e repiten ano tras ano. Máis habituais son os textos que se escribían para cada ano, recollendo feitos actuais e, cada vez máis, críticas políticas, como esta que lle dedicaron ó gobernador civil de Pontevedra en 1923:
Estas coplas imprímense en follas soltas que se venden ós asistentes. O Museo de Pontevedra e a biblioteca Ben-Cho-Shey (na deputación de Ourense) conservan amplas coleccións das que se cantaron ó longo do século XX. Nalgunhas delas poden comprobarse os efectos da censura que riscaban ou modificaban os textos que a autoridade do momento consideraba inapropiados.
Os maios figurados consisten nunha armazón ou esqueleto de paus ou táboas de forma cónica ou piramidal, recuberto de tea metálica ou arpillera, que se cobre de mofo, fiúncho ou herba. A armazón constrúese sobre unha plataforma que, a modo de padiola, permitía transporta-lo maio polas rúas do lugar.
Sobre esta estrutura debúxanse distintos motivos con flores, follas, fiúncho, fentos, bugallos, froitos ou mesmo ovos, como materiais máis habituais. O cumio remátase (coróase) cunha cruz. Hoxe, a imaxinación popular tamén constrúe maios coas figuras máis variadas: pontes, hórreos, cruceiros, casas, animais, figuras humanas etc. En localidades costeiras, como Marín, fanse tamén con forma de barco.
Os maios humanos podían ser individuais: un mozo ou moza, ás veces disfrazados, adornados con flores, follas ou pólas e cunha coroa de flores. Cando se trataba dunha nena, a maia, ía vestida de branco, con ás e coroas de flores. Noutros lugares eran grupos de xente vestidos do mesmo xeito, e que cantaban e danzaban arredor do maio. Este tipo de maios moi habituais hai un cento de anos foron esmorecendo pouco a pouco até chegar case á desaparición.
Había dous tipos de cantigas para cantar ó redor dos maios. Son raras (só sobreviven en Portomarín e Lourenzá) as composicións tradicionais, que se aprenden e repiten ano tras ano. Máis habituais son os textos que se escribían para cada ano, recollendo feitos actuais e, cada vez máis, críticas políticas, como esta que lle dedicaron ó gobernador civil de Pontevedra en 1923:
Estas coplas imprímense en follas soltas que se venden ós asistentes. O Museo de Pontevedra e a biblioteca Ben-Cho-Shey (na deputación de Ourense) conservan amplas coleccións das que se cantaron ó longo do século XX. Nalgunhas delas poden comprobarse os efectos da censura que riscaban ou modificaban os textos que a autoridade do momento consideraba inapropiados.
Ningún comentario:
Publicar un comentario