FELIZ
NOITE DE SAN XOÁN 2020
(Aínda nestas circunstancias excepcionais)
Estamos ante a noite máis curta do ano, a do solsticio de verán, que se vive moi intensamente en toda Galicia. Chámaselle a noite de san Xoán, a das meigas, a do lume novo, denominacións que recollen o máis puro espírito desta celebración.
Esta festa ten moito arraigamento na nosa terra e arredor dela hai moreas de tradicións, crenzas ou costumes que se seguen mantendo ano tras ano. Unha delas é a das coñecidas cacharelas , espalladas por todo o territorio, que, segundo manda a tradición, hai que saltar un número impar de veces para atraer a boa sorte.
Outra das crenzas relacionadas con esta noite máxica é a das sete fontes. Di a cultura popular que beber de sete fontes distintas durante a noite de san Xoán protexe dos feitizos e libra do mal de ollo.
- Segundo o romance, a que logra coller a 'frol da auga fría' na mañanciña de San Xoán non volta soia á súa casa.Para elo hai que desplazarse a unha fonte e coller na palma da man a flor que hai normalmente onde cae a auga da fonte. Esa flor que se chama "flol da auga fría" traeará moita cousas bonitas...
En outras composicións populares teñen igual poder esta noite, a pinga de orballo que se agocha no cáliz dunha flor, que a moza atopa. Presentando unha variable desta crenza un romance no que Xesús, na cruz, é socorrido pola anduriña e a labandeira. En pago, o Señor, concédelles certos favores, entre os que destaca o da labandeira, esto é, que cando o día de San Xoán colla unha pinga de auga no pico e a deixe caer sobre unha moza que se bañe antes de saír o sol, esta sería feliz.Corre, meniña,
vaite lavar
alá na fonte
te has de lavar,
e a fresca auga
desta amañecida
cor da cereixa
che tén que dar
Se arraiar,
se arraiará
tódalas meigas levará,
se arraióu,
xa arraióu,
tódalas meigas levou
Tamén teñen moita presenza nesta noite as flores e plantas. Ademais da preparación das xa coñecidas herbas de san Xoán (tamén tratadas noutra entrada deste blog), tamén se acostuma colocar ramallos de flores nas portas e fiestras das vivendas, porque existe a crenza de que as herbas protexen a casa contra as meigas, que tan presentes están nesta noite.
Outra das tradicións desta noite en Galicia sinala que se unha muller bota a clara dun ovo nun vaso de auga a media noite e o deixa durante toda a noite, pola mañá poderá descubrir con quen vai casar segundo a forma que adopte a clara callada. Ademais, este mesmo método do ovo, segundo se di, tamén serve para adiviñar o futuro dunha persoa, segundo a forma que tome.
Vendo todo isto, ademais de gozar ao máximo da festa, podemos poñer da nos parte para atraer a sorte e escorrentar as cousas malas xa dende esa mesma noite.
FELIZ NOITE DE SAN XOÁN!!
XA COMEZA O VERÁN!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario