O luns 1 de abril desenvolveuse a actividade VISITA Á COSTA DA MORTE "Polas paisaxes de Volverás, golfiño, de Andrea Maceiras", para o alumnado de 1º de ESO, organizado/coordinado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG), en colaboración con varios departamentos didácticos, e en relación con diferentes proxectos a desenvolver neste curso 2018-2019 (Proxecta 1º ESO: " O noso mar, o noso sustento", Proxecto do EDLG "COÑECER GALICIA").
A actividade incluíu:
- Visita a Camelle.
- Visita á igrexa do Espírito Santo (interior, campás).
- Visita ao entorno do Museo MAN.
- Paseo polo entorno do Areal do Trece, Monte Branco... ata o Cemiterio dos Ingleses.
- Xantar no entorno natural da praia de Ariño.
- Actividade de sensibilización e coidado en relación a ese entorno natural (limpeza posterior ao xantar).
- Sensibilización do alumnado cara á sostenibilidade do marco natural (enerxías renovables, Parque eólico de cabo Vilán).
- Breve visita a cabo Vilán. Foto final do grupo de alumnado e o profesorado acompañante.
Ningún comentario:
Publicar un comentario