martes, 29 de decembro de 2020

 

A EGAP (Escola Galega da Administración Pública ) convoca: 

CONCURSO DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS



Resume das bases:

Dúas categorías: 9-11 e  12-14 anos.

Tres premios para cada categoría. 150 , 200 e 250 euros.

Contos en LINGUA GALEGA, temática libre, de 1-4 folios de extensión, A4.

Solicitude e presentación: 1 mes, a contar dende a publicación (23 de decembro de 2020).

 

Bases  completas no seguinte enlace.

Resolución do DOG nº 257 do 2020/12/23 - Xunta de Galicia

martes, 22 de decembro de 2020


        PREMIOS  DE MENSAXES  SOLIDARIAS 2020

                            O APALPADOR


    

         


        Hoxe, derradeiro día deste trimestre, a directora entrego os premios solidarios O APALPADOR a aqueles alumnos e alumnas que presentaron as mensaxes de ánimo e solidariedade máis destacadas dentro do Certame convocado polo EDLG do centro, a xuízo do xurado e despois de longas deliberacións.


        As cinco mensaxes de postais de Nadal premiadas corresponden aos seguintes participantes: Inés Losada ( 2° ESO A), Ha Nul Kim ( 3° ESO C), Alba García Sevilla (2° ESO D) e Claralissa Alccancadori e Daniel Urdaneta (ambos de 2° ESO V).

        A xuízo do xurado mereceu un premio especial a postal presentada por Sofía Martínez (3° ESO A).

        Parabéns a todos e todas.

        Igualmente, agradecemento á grande cantidade de alumnado participante, en nome do Apalpador.


        No nome do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Eusebio da Guarda: 

                    Bo Nadal a toda a comunidade educativa !!!!


                 Deica o ano novo 2021. 

                Que nos traia saúde, paz, benestar, ....todo aquilo que pedimos nas mensaxes ao noso Apalpador.








            Estas foron as postais que recibiron premio, un pequeno agasallo solidario do Apalpador:









        Ademais destas premiadas, houbo moitas outras mensaxes de ánimo:








    


        Máis de cen alumnos e alumnas  da quenda de mañá e tarde quixeron compartir os seus desexos e ánimos  para o vindeiro ano con tod@s, e tamén profesorado, persoal non docente....

        Aquí vai o panel a medio encher:


    


        Grazas, novamente pola colaboración e FELIZ 2021.



venres, 18 de decembro de 2020

                             

                         

O APALPADOR , NO EUSEBIO DA GUARDA


Hoxe, venres 18, o APALPADOR chegou ao noso centro.

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega, convocou neste ano tan especialmente difícil para moitos,  unha recollida de mensaxes de ánimo para compartir co resto da Comunidade Educativa, no seu nome, e coa especial colaboración do Departamento de Lingua galega e Literatura.











    O EDLG quere agradecer a gran participación do alumnad, profesorado e resto de persoal docente.

O Apalpador trouxo con el unha cesta chea de froitas frescas da súa humilde horta e tamén uns caramelos para nenos e maiores que participaron nesta xornada festiva e solidaria.

Atendendo á solicitude de moitos e moitas que querían ofrecer tamén as súas mensaxes, o Apalpador permanecerá ata o martes no noso centro, sentado fronte á Sala de Profesorado deste curso.

Entre luns e martes as mensaxes serán expostas ao longo das paredes dos corredores, cumprindo os protocolos anti- Covid 19.

O martes 22 de decembro o Apalpador deixaranos para partir cara outras terras a levar a súa mensaxe de esperanza e os seus humildes agasallos,



O APALPADOR desexa a toda a Comunidade Educativa un MOI BO NADAL e UN MELLOR ANO 2021.


                            

xoves, 17 de decembro de 2020

 

           EXPOSICIÓN MANUSCRITOS CANCIONEIROS 

             POESÍA GALEGO-PORTUGUESA MEDIEVAL


    O Departamento de Lingua galega e Literatura ten organizado unha exposición dos (facsímiles dos) manuscritos que recollen a poesía galego-portuguesa medieval: cantigas de amigo, cantigas de amor, cantigas de escarnio e maldicir, e tamén unha das Cantigas de Santa María.

    O alumnado de diferentes grupos, acompañados do profesorado do departamento visitan  a exposición, con paneis informativos que acompañan as reproducións dos manuscritos, verdadeiras obras de arte elaboradas de xeito manual, por tanto únicas.






















    






                   Esperamos que a disfrutedes tanto como aqueles que puideron visitala persoalmente.


    - Colaborou o Equipo de Dinamización da Lingua Galega.


                   Colaborou o EDLG do Eusebio da Guarda.

domingo, 13 de decembro de 2020

                                             MENSAXES DE NADAL 2020

                                        O APALPADOR





Luns 14 estarán as postais a disposición de todo o alumnado, profesorado e resto do persoal do Centro.


O profesorado de galego e /ou titor@s levaranos ás clases.

Haberá tamén en conserxería.


(Ao longo da semana na Sala  haberá postais para o profesorado).


Todas as mensaxes son igualmente benvidas.

Poñamos en palabras os nosos mellores desexos de saúde, paz e felicidade para todosoos demais.


A recollida das mensaxes será o vindeiro venres 18, ao longo de mañá e tarde.

A exposición das mesmas será o luns 21 e martes 22, antes de irnos a vivir o Nadal coa nosa familia máis cercana.




venres, 11 de decembro de 2020

 

                      Xa está aquí decembro
                      o mes do Nadal
                      e o Apalpador
                     logo vai chegar